A FRUGA xunto coa veciñanza afectada presentan alegacións ao proxecto de Parque Eólico Santuario

Este proxecto causará un grave prexuízo á actividade agropecuaria da comarca.

 

Xermade, 7 de setembro de 2021. A FRUGA xunto coa veciñanca da comarca afectada polo proxecto de instalación do Parque Eólico Santuario de 180 MW e as súas infraestruturas de evacuación,a  situado entre os concellos de Xermade, Vilalba, Guitiriz e As Pontes de García Rodríguez, presentaran alegacións contra este proxecto eólico.

Este proxecto está promovido pola empresa de capital privado ENEL GREEN POWER ESPAÑA, S.L. . O parque eólico Santuario forma parte de un conxunto de 6 parques situados na zona nor-ocidental da provincia da Coruña. Os seis parques eólicos son os denominados: Caaveiro, Tesouro, Barqueiro, Badulaque, Santuario e Moeche, que entre todos suman unha potencia instalda conxunta de 611 MW e conectan nun mesmo punto de conexión á Rede na Subestación da REE As Pontes.

Todo isto supón un grave atentado contra o futuro da actividade agripecuaria da comarca afectada pola súa implantación ao provocar a fragmentación das propiedades das explotacións agrarias, gandeiras e forestais coa conseguinte perda de base territorial e a perda de rendimentos, así como perdas de capacidade agrícola e de produtividade.

A ruptura da unidade territorial das explotacións que provoca esta instalación eólica resulta incompatíbel cos obxectivos da Política Agraria Común (PAC), ademais a modificación da calificación do solo non só supón cambios a efectos fiscais, senón que tamén supón a imposibilidade de incluír estas superficies na solicitude de axudas directas da PAC, xa que eses terreos fican fora dámbito desas axudas.

Por outra parte a empresa promotora no seu proxecto non avalía estes impactos, fundamentais para a supervivencia das zonas rurais afectadas por este emprendimento, obviando a existencia de explotacións gandeiras, agrícolas forestais no seu entorno que constitúen o medio de vida das persoas e familias que habitan e viven nos territorios afectados polo proxecto eólico, así como polas infraestruturas de evacuación da enerxía xerada.

A maiores, como é evidente, non se tivo en conta a opinión da veciñanza para a tomada de decisión e a elección do seu futuro, privando-a da participación social e dos seus direitos que debería caracterizar a unha sociedade que se di democrática. Por cima do contido da documentación presentada non se pode deducir canto emprego se vai xerar na zona, fixo ou non, entende-se que escaso se temos de conta o acontecido noutras zonas con proxectos semellantes tranmitados pola mesma empresa na mesma zona.