Perante desta situación a FRUGA demanda unha banca pública galega.
Cenlle, 17 de setembro de 2021. O pechamento de sucursais bancarias no rural galego non é mais que outra aposta do goberno do PP para desmantelar os servizos no medio rural. Logo de abandonar aos sectores produtivos nos prezos, viñeron os peches das escolas e agora tócalle o desmantelamento das sucursais bancarias.
A día de hoxe, máis de 45 municipios, fican xa sen servizo de banco e subindo, logo as poucas oficinas que fican no rural optaran por limitar moito os servizos de atención ao público, así por exemplo a partir das 11:00 h da mañá xa non se poden realizar trámites como pagar recibos ou taxas, cos graves trastornos que eso vai xerar a a agricultores, como poden ser os propietarios de explotacións gandeiras adicadas a produción de leite, xa que, por cima, coincide coas horas de muxido, polo que fican impedidas de realizar as xestións a partir desa hora.
Esta situación o que está provocando e a concentración dos usuarios nas poucas oficinas que van quedar abertas e coas dificultades que eso provoca para realizar as xestións que a xente demanda.
Outro dos problemas graves que provoca o peche das sucursais bancarias é o desprazamento, dado que non existe transporte público e moitos concellos nin teñen tan sequera un servizo de taxi, polo que hai que pedilos as vilas, o que supón un gasto por quilometraxe engadido e tamén de espera.
Porén, o Sr. Presidente da Xunta de Galiza tivo a ocorrencia de inxectar 2,8 millóns de euros a banca para instalar caixeiros automáticos no rural, medida que non resolve practicamente nada, xa que unha poboación envellecida, maioritaria no rural, ten dificultades para se manexar coas tarxetas e con este tipo de mecanismos. Tamén, cabe subliñar que si se quere realizar algunha xestión bancaria, hai que desprazarse a sucursal de turno polo que o problema segue moi lonxe de solventarse.
Son os alcaldes, quen poderían exercer presión sobre os bancos, na medida que, ao teren as nóminas dos e das empregadas, así como os pagos dos impostos, operacións crediticias, contas correntes…. Seguramente estas entidades bancarias replantexarían-se certos comportamentos e prácticas de os concellos galegos efectuaran unha presión efectiva. Así pois, desde FRUGA, entre outras medidas, esiximos que a FEGAMP actúe e tome medidas conxuntas e coordinadas contra estas entidades bancarias, por outra banda tamén pedimos da Xunta de Galiza que se replantee os convenios de colaboración coas entidades bancarias que leven a cabo estas prácticas e máis con aquelas que foron inxectadas con millóns de euros de recursos públicos e que aínda a día de hoxe non foron devoltos.
Por último, convidamos a sociedade no seu conxunto, a reflexión da necesidade máis que nunca, da creación dunha banca pública que chegue a todo o mundo e que estea o servizo dos cidadáns e da economía produtiva deste país.