Na foto de esquerda a direita, Xurxo Alvarez, Aristobulo Quinteiro “O Tobo, Emilio López “Milucho, e Manuel Da Ca.
O pasado día 23 de outubro celebrou-se em Ribadavia unha homenaxe (en vida) ao comprometido e activista político-sindical Aristobulo Quinteiro, tamén coñecido como “O Tobo”.
Viticultor da Regadas, do concello de Beade, pertencente á comarca do Ribeiro, cooperativista e mui comprometido coa causa nacionalista, participando na actividade política desde a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), como candidato nas primeiras eleccións, até hoxe.
Participou tamén na creación das Comisións Labregas, e sendo unha das súas primeiras actividades a loita contra o encoro de Castrelo de Miño, e sigue ao pé do canon. Sendo un exemplo para todas as persoas que continuamos na loita labrega por un agrarismo nacionalista.
O Tobo, tamén é un referente no Ribeiro, e non só no eido do nacionalismo (que tamén), senon que é unha persoa respeitada mesmo polo adversarios políticos, pola sua firmeza, claridade, e muita sabedoria.
O Tobo fai parte dunha xeración, xunto con outros persoeiros, todos labregos, com Fiz de Sarria, Xosé de Murias ou Candelos da Fonsagrada.
En representación da FRUGA estiveron presentes nesta homenaxe, os compañeiros Milucho, Da Cal e Xurxo, Presidente da nosa organización, como recoñecemento a súa laboura dentro agrarismo nacionalista.
Hai certo tempo un adversario político definiu ao compañeiro tobo da seguinte maneira; “se teño que atravesar un río, e non sei nadar e si Tobo me dice que me pasa, non o dubído”. Así é o Tobo