A Organización Gelega de Comunidades de Montes presenta unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para promulgar unha Lei de Montes Veciñais.

Unha ILP que tenta parar o roubo do monte veciñal que quere levar a cabo o Partido Popular. ILP que quere reforzar o carácter xermánico dos montes veciñais, a mellora do seu funcionamento interno, o recoñecemento da titularidade veciñal distinta da pública e da privada, un monte multifuncional e unha fiscalidade xusta.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021. A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Mao Común (ORGACCMM), ven rexistrar o dia venres 14 de Xaneiro, as 11 horas, no Parlamento Galego,unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a aprobación de unha Lei de Montes Veciñais.

As razóns da presentación de esta iniciativa atopase no obxectivo firme e claro que ten a actual Consellería do Medio Rural, que ten o Partido Popular, de roubarlles os montes veciñais en man común á veciñanza comuneira. De proceder a privatizar os montes veciñais en man común, para entregarllos ás empresas forestais e madeireiras.

Toda esta política usurpardora e confiscadora dos montes veciñais en man común do Partido Popular, comenzou no ano 2012 coa promulgación de lei de montes de Galiza. Deu un chanzo importante neste intento, coa lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta de Galiza do presente ano, onde o PP prantexa, mediante o roubo dos montes veciñais en man común á veciñanza comuneira para entregarllos aos concellos e ás empresas. E agora, a Consellería do Medio Rural pretende dar o golpe definitivo ao roubo dos montes veciñais ao incluír no orde do dia do Consello Forestal, a celebrar o dia 18 do Xaneiro, o punto de “Inicio da revisión normativa que regula os montes veciñais”. E toda esta política usurpardora e confiscadora dos montes veciñais en man común, sen contar coa opinión das comunidades de montes que son os lexítimos titulares dos montes veciñais .

Este revisión do marco normativo está escrito na primeira revisión do plano forestal de Galiza, aprobado en solitario polo Partido Popular. Consiste en cambiar o concepto de veciño/a comuneiro/a e de dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica. É dicir, eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais para proceder a súa privatización .

Para impedir que o PP e os intereses capitalistas, especulativos e urbanísticos que defende procedan a privatizar os montes veciñas, a ORGACCMM presenta esta ILP para a aprobación de unha Lei de Montes Veciñais .O texto para esta nova lei de montes veciñais foi elaborada en asembleas de comunidades de montes celebradas en todas as zonas do Pais. Xa que logo, xurde das propias comunidades de montes e reflexa o seu sentir.

Os principios fundamentais que contempla a Lei de Montes Veciñais son: o reforzamento do carácter xermánico dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democrático das comunidades de montes,o recoñecemento da titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas, o acadar un monte veciñal multifuncional e sustentábel, a consideración dos aproveitamentos do monte veciñal todos os que se den no mesmo, unha fiscalidade axustada a figura e as funcións dos montes veciñais .