Ningunha contrato que nos presenten as industria tería de baixar de 0,40 euro por litro.
Lugo, 11 de febreiro de 2022. FRUGA entende que despois da xuntanza celebrada o dia 9 na Consellería do Medio Rural, coa presencia do propio Conselleiro e representantes das organizacións agrarias, os prezos do leite deben subir de forma considerable.
Segundo palabras do propio Conselleiro do medio rural, reflectidas nos medios de comunicación e reafirmadas na propia reunión, os custes de produción actualmente están en torno os 0.40 euros litro, como consecuencia dunha importante suba dos custes dos insumos que se deu o longo do ano 2021. Segundo o Conselleiro os custes de produción no ano 2020, a partir dun estudo feito pola propia Consellería, estarían ao redor de 36 céntimos e o incremento dos custes de produción ao longo do ano 2021 foi de un 13%, o que dá como resultado que a comenzo deste ano 2022 os custes para producir un litro de leite polas explotacións galegas se sitúen ao redor dos 40 céntimos.
Evidentemente e aceptando estes son os custes de produción, non se debería asinar ningún contrato por debaixo deste prezo, do contrario estariamos incumprindo a Lei da Cadea Alimentar, que di textualmente que fica obrigado cada operador da cadea alimentar a “aboar ao inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custe de produción”, polo que en base a este abriga non se pode pagar por parte das empresas recolledoras por debaixo do que nos custa producir un litro de leite.
Actualmente estanse a asinar contratos entre as industrias e o sector produtor, co cal estes contratos non deberían estar por baixo dos 0,40 euros litro, do contrario estariamos a vender a perdas, o cal significa que a parte de perder cartos estaría-se a incumprir a lexislación vixente.
Desde a Federación Rural Galega, entendemos que tanto a Consellería como o propio Ministerio de Agricultura, deben tomar cartas no asunto, e intentar que tódalas explotacións leiteiras galegas acaden un prezo mínimo de entre os 0,39 e os 0,40 euros litro.
As ofertas que a dia de hoxe nos están presentando as distintas industrias, están moi lonxe deste prezo, co cal vai sendo hora que desde as administracións competentes, cos seus respectivos órganos, como pode ser a AICA(Axencia de información e control alimentario), interveñan e eviten que se asinen contratos por baixo destas cantidades, tendo en conta ademais as declaracións feitas polo propio Conselleiro do Medio Rural, tanto aos medios de comunicación como ás organizacións e entidades representativas do sector produtor.