Reivindicacións do sector productor lácteo galego: AGCACA, ASAGA, FRUGA, SLG e UUAA

  1. Acadar de inmediato un prezo que ao menos cubra os custos de produción e que nos sitúe no camiño de rendibilizar a nosa actividade.
  1. Convocatoria urxente da Mesa do Leite, ou foro similar, con carácter permanente. A Consellería de Medio Rural ten que tentar tódalas vías posibles para recuperar unhas condicións que garantan a viabilidade das granxas.
  1. Desenvolver indicadores de custos de produción por parte da Administración que fagan que sexa real a aplicación da prohibición da venda a perdas que se recolle na Lei da Cadea Alimentaria.
  1. Establecer un sistema de mediación que impida os abusos sobre a parte produtora e que garanta que os contratos non sexan de adhesión. Dito sistema de mediación debería establecerse en Galicia. Ao ser a maior rexión produtora do Estado, non é de recibo ter que acudir a cortes de arbitraxe ou sistemas de mediación en Madrid.
  1. Prohibir que os operadores lácteos, sexa industria ou primeiro comprador, coa excepción das cooperativas, poidan operar se non teñen aval suficiente para o pago do leite, ou se se teñen detectado faltas de pagamento con anterioridade. O impago do leite non pode ser un mecanismo de financiamento de industrias en crise ou mal xestionadas. As granxas non son entidades financeiras.
  1. Establecer unha liña de traballo urxente coas Administracións para reducir os custos de produción, tratando de impedir a especulación coas materias primas, as tarifas eléctricas, os combustibles … que penalizan a produción de alimentos, promovendo a extensificación das explotacións.
  1. Desenvolver sistemas de apoio á concentración da oferta e o recoñecemento e maior apoio as cooperativas do sector lácteo.