“CONTRA A ESPECULACIÓN ALIMENTAR, SOBERANÍA ALIMENTAR”

Contra da suba dos custes de produción, intervención da administración

Concentración o dia 18 de marzo ás 12 da mañá diante do Edificio Multiusos da Xunta de Galiza em Lugo

Os sectores agrarios e pecuarios da Galiza estamos a sofrer uma grave crise. Crise que tem a sua orixe na desenfreada, sem controlo e desmesurada suba dos custos de produción, baixo o pretexto da guerra que está tendo lugar na Ucrania, que todo o cubre, mas, em verdade, o que se agacha por tras desta suba descomunal das materias-primas para elaborar a alimentación do gado, dos combustíbeis, da electricidade, dos adubos ou dos filmes, non é nem mais nem menos que unha OPERACIÓN ESPECULATIVA que xa se viña maquinando desde o ano 2018, cando menos, destinada a facer mais ricos a uns poucos e empobrecer ás maiorías sociais.

Son mostras evidentes desta OPERACIÓN ESPECULATIVA os elevados prezos da electricidade, así o prezo da luz aumentou me mais de um 1.000% neste último ano, o que supuxo que as tres grandes eléctricas do Estado español gañaram mais de 6.500 millóns de euros, enchendo-lle os bolsos aos e ás directivas destas empresas, ás que algúns chegaram vía portas xiratorias procedentes dos distintos gobernos españois, tanto do PSOE como do PP, para exemplo temos os dos ex-presidentes Aznar e González. Mas tamén os combustíbeis subiran uma media de um 40%, neste último ano, sendo o caso do gasóleo agrícola aínda mais escandaloso ao pasar dos 0,80euros por litro a 1,40, isto é um aumento de um 75%.

Outro tanto está a pasar cos cereais, así o podemos comprobar coas cotizacións da lonxa de León, do pasado día 9 de marzo, cando o trigo subiu um 20% ou a cebada um 15%, mas tamén o millo que, aínda que non consta a cotización da sesión anterior, nesta do día 9 andaba polos 340 euros/tonelada, e mesmo circulam informacións que o sitúan em case os 600euros. Outros produtos como a urea pasaram em 15 días de 600 a 900 euros/tonelada, e todo indica que isto non fica por aquí.

Esta situación está pondo em risco de supervivencia dunha parte muito importante das nosas explotacións agrarias e pecuarias que ven o seu futuro perigar, o que ao final pode provocar o feche de muitas delas por incapacidade para suportar esta situación tan adversa, co que isto significa de acrescentar a xa a día de hoxe grave desertización do noso rural, de desestruturación do territorio e de perda de soberanía alimentar, porque o que deixem de producir as explotacións que fechen vai-se te de comprar fora.

Perante desta situación tan grave a Federación Rural Galega – FRUGA, demandamos:

  • INTERVENCIÓN PÚBLICA das administracións competentes, que teña como obxectivo trabar esta operación especulativa das materias-primas destinadas á produción alimentar, pois non é de recibo que se poña em perigo a alimentación humana, cando esta tem de ser um direito universal ao que todas as persoas temos de ter acceso.
  • DEFESA DO CONXUNTO DAS EXPLOTACIÓNS GALEGAS. Neste contesto Galiza non se pode permitir o luxo de seguir perdendo explotacións, xa que a súa existencia é garantía de um mundo rural galego vivo, da subministración de alimentos para a poboación galega, da defensa do medio ambiente, da defensa contra os incendios no medio rural e da estruturación do territorio.
  • OUTRO MODELO PRODUTIVO. Esta crise tamém nos tem de servir para reflexionar sobre o modelo produtivo promovido pelo goberno galego, caracterizado pela concentración da produción em cada vez menos explotacións, tanto agrarias como pecuarias, com unha clara aposta pela produción intensiva, com diminución da superficie agraria útil (SAU) e pola forestación de terra agraria com especies de crescimento rápido, tipo eucalipto. Este modelo provoca que as nosas explotacións sexan cada vez mais dependente da compra de insumos de fora, o que as fai, por súa vez, mais dependentes e menos resistentes a crises, como esta provocada pola especulación. Por iso desde a FRUGA reclamamos a volta a políticas agrarias que favorezam a extensificación e a deseucaliptización, promovendo o aumento da SAU a través da mobilidade da terra mediante os instrumentos que hoxe están invernando, como o Banco de Terras ou as Unidades de Xestión Forestal, porque ademais de facer mais resistentes ás nosas explotacións perante crises como a presente, serían mais respectuosas co medio ambiente mediante a xestión mais adecuada e diversificada dos xurros xerados nas explotacións pecuarias.
  • É necesario afrontar de uma vez por todas unha REFORMA DA PAC seria e rigorosa, para que as axudas recaiam em quem verdadeiramente se dedicam profesionalmente a traballar e vivir da actividade agraria e pecuaria, é dicir que quem sexam obxecto de apoio por parte da PAC sexam as Agriculturas e Agricultores Profesionais Agrarios (ATP).
  • Pola SOBERANÍA ALIMENTAR. Todas estas medidas, aquí propostas o que perseguem é que nós, galegos e galegas, sexamos quem de decidir a mellor política agraria galega que nos faga menos dependentes, nunhas relacións internacionais de intercambio em base ao respecto mutuo e em pé de igualdade.