FRUGA abordará este vindeiro sábado en Goiriz a potencialidade do cultivo de cereais na comarca chairega

A I Xornada “O cultivo do trigo na Terra Chá, semente de futuro” dará pé a toda unha série de encontros e xornadas a celebrar por toda Galiza

Xermade, 28 de marzo de 2022.- Este vinceiro sábado, dia 2 de abril, a Escola de Goiriz acollerá desde as 10:00h da mañá o pimeiro encontro organizado pola Federación Rural Galega en colaboración com distintas entidades asociativas e profisionais do sector para abordar as potencialidades do cultivo de cereais, nomeadamente o trigo, e especialmente, as variedades tradicionais.

O momento non pode ser mais acaido. Nos ultimos anos as investigacións iniciadas desde o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo deron como resultado a identificación e posta en valor de castes de trigo tradicionais, como o Caaveiro e o Callobre, descobrindo toda a potencialidade destas variedades autóctones no noso agro. Ao mesmo tempo iniciativas postas en marcha tanto desde o sector produtor como na transformación e comercialización do mesmo na nosa área, asi como a crecente demanda de produtos de calidade diferenciada, poñen de manifesto a necesidade do estabelecimento de sinerxias encamiñadas a afortalar un sector de unha evidente e manifesta potencialidade.

Se a estas circuntancias engadimos a agora visíbel febleza do modelo produtivo e alimentar galego, extraordinariamente dependente de insumos e subministracións foráneas nun territorio desaproveitado ou encamiñado a producións e explotacións especialemte sensíbeis a esa dependencia de, entre outros, cereais producidos en outras latitudes, iniciativas como esta son mais que necesarias se o que se quer é contruir un espazo que garanta o camiño cara à nosa soberania alimentar.

No decorrer das xornadas abordaranse as distintas fases do cereal desde o cultivo à mesa. Asi partiremos primeiramente dunha exposición encamiñada a coñecer o proceso levado a cabo desde o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo para dar com estas variedades tradicionais. A seguir, Miguel Calvo, presidente da Asociación de Produtores de Cereal da Galiza PROCEGAL, referencia na Galiza no cultivo das variedades tradicionais, introducirá un espazo adicado ao proceso do cultivo. A primeira fase transformadora será abordada polas muiñeiras do Muiño de Isabel, Patricia e Isabel, que desde Cospeito son referencia non só na Tera Chá, mais na Galiza, do que ten a ver com a transformación e comercialización das fariñas elaboradas por métodos tradicionais. A seguir será o turno de padarias e elaboradoras que poderán dar a sua visión, necesidades e perspectivas de futuro.

O remate do acto virá precedido de un espazo de reflexión e posta en comun encamiñado precisamente a estabelecer estratexias de interrelación, colaboración, e complicidade entre os distintos elos de unha cadea que no futuro vai ser fundamental na alimentación do noso País.