Xermade, 7 de abril de 2022.- No pasado sábado desenvolveuse na parroquia vilalbesa de Goiriz a primeira xornada ao redor do cultivo e transformación dos cereais do Pais, focada nesta ocasión nos trigos tradicionais galegos. Este primeiro encontro, no que participaron desde produtores e produtoras, ademais de transformadoras e elaboradoras finais, tirou unha série de conclusións e iniciativas sociais e produtivas que serán abordadas en seguintes edicións.
Distintos modelos, un mesmo obxectivo.
No decorrer da xornada puidose coñecer a grandes trazos os estudos e traballos desenvolvidos desde o CIAM para a recuperación e posta en valor das castes detrigo tradicional. Un dos resultados dese traballo é a recen criada IGP “Pan Galego”, mais unha das conclusións tiradas deste encontro é que a dita IGP, se bem pode resultar de utilidade para grandes operadores do sector, resultaria pouco útil para outros modelos produtivos e transformadores. Asi, sen desbotar a primeira, xurdiu a necesidade de artellar, a nivel comarcal, estructuras produtivas e comerciais capaces de fomentar o desenvolvimento de outros modelos económicos mais sostíbeis, locais e autogeridos, capaces de garantir prezos xustos às produtoras, producións de grao de calidade para a transformación, e un produto san e nutritivo para as consumidoras.
Viabilidade da produción.
Miguel Calvo, presidente da PROCEGAL, destacou entre outras custións técnicas relativas ao cultivo, a viabilidade deste tipo de producións en parcelas agora desaproveitadas ou infrautilizadas,con dimensións superiores aos 5000m2. Colaboradores do CIAM e parte da cadeia de recuoperación das variedades tradicionais, PROCEGAL agrupa 17 produtoras maioritariamente chairegas, que están a cultivar ao redor de 60has de cereal na atualidade.
Empoderamento feminino desde un muiño tradicional.
Patricia e Isabel, sócias do Muiño de Isabel en Cospeito, relataron a complicada tarefa de por en funcionamento un muiño tradicional movido só por auga nas terras chairegas, desde as cuestións burocrátivcas e administrativas até o aceso à materia prima, o cereal, nun mercado distorsionado polo papel dos grandes transformadores e os modelos industrializados, polo que o seu muiño resulta todo un exemplo de resistencia e bon facer, com unha calidade do seu produto recoñecida non xá na Galiza senon en outras latitudes do estado.
Un encontro aberto a continuar
No decorrer da xornada e tal como relatavamos ao principio, a principal conclusión foi darlle continuidade a este tipo de encontrors mais entrando en procesos práticos en chave organizativa. A situación de crise sistémica, especialmente no eido alimentar, fai especialmente importantes as iniciativas locais, o aproveitamento das sinérxias e capacidades dos distintos elos da cadeia, com a vista posta na reivindicación de un meio rural com futuro, capaz de resistir às duras situacións que xá se están a dar e suficientemente atractivo non xá para frear o despobiamento e o abandono, mais tamén para ser unha oportunidade atractiva desde o ponto de vista vital e laboral para o conxunto da sociedade.