O prezo base do leite tipo é inferior ao que figura nas estatísticas.
Sarria, 12 de agosto de 2022. Os datos publicados polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación referidos ao prezo do leite, no documento de declaracións de entregas de leite cru a primeiros compradores, non se corresponden co que realmente se está a percibir en concepto de prezo base polo leite tipo.
O leite tipo é aquel leite é aquel que reúne as seguintes características: 3,70 de materia graxa; 3,20 de proteína; menos de 100.000 bacterias e menos de 400.000 células somáticas.
O que realmente se está a percibir nas granxas é froito do prezo base establecido no contrato para o leite tipo, mais unha serie de primas e complementos variábeis a criterio de cada empresa. As primas están establecidas no propio contrato e estar referenciadas ás características do leite tipo, polo que se non se chegan a eses valores hai descontos e se se superan é cando se cobran as primas.
A maiores cada empresa establece unha serie de complementos variábeis como pode ser a cantidade de leite entregado, benestar animar, laboratorio, bonificacións e mesmo aparece na factura o de complementos variábeis con esta denominación, o que nos indica o voluble que este apartado pode ser.
A suma de prezo base mais as primas de calidade do leite tipo mais os distintos complemento aplicados polas empresas constitue o prezo sen IVA que perciben cada unha das explotacións leiteiras. O único punto de partida que homologa a todas as explotacións de unha mesma empresa é o prezo base do leite tipo, a partir de aí, dependendo das condicións en calidade, volume e outros conceptos, aparecen todo tipo de disparidades, polo que non se pode tomar como referencia o prezo cobrado sen IVA.
Así podemos observar prezos base, para o mes de xuño, que oscilan entre 0,31 e 0,42 cts por litro. Estes datos alonxan-se moito dos datos oficais de 0,43. Dentro dunha mesma industria láctea podemos observar como existen prezos moi distintos en función das características das distintas explotacións lácteas, ven sexa en función do volume, da calidade, da prima de certificación, ou de toda unha serie de parámetros variables que en calquera momento poden chegar a desaparecer.
Como consecuencia da seca, dos altos prezos da alimentación e de outros factores vemos como se están a publicar datos de gandarías que están a vender para sacrificio parte das súas reses, ao compensar mais vender estes animais que ter que mercar mais comestible como consecuencia da seca que estamos a padecer. Evidentemente que se os prezos que recibimos polo noso leite fose tan rentábel como se di, seguiriamos mercando forraxes para a alimentación do gando, e non se procedería a venta de vacas, aspecto este último que está a provocar certa escaseza de leite nos mercados.
Desde FRUGA demandamos unha maior claridade, tanto na factura do leite que reciben as gandarías galegas, como nos datos que se publican mensualmente, que sen deixar de ser reais, non representan o prezo que están a percibir moitos produtores galegos.
Para mais información contactar com Elias Somoza: Tl. 680 04 01 059