Lugo, 17 de xaneiro de 2023. A Federación Rural Galega – FRUGA, acordou presentar candidatura as eleccións de Vacún de Galiza, concretamente no censo de produtores. Actualmente mas de sete mil cincocentos produtores están inscritos na produción de carne de vacún, baixo a categoría de suprema. Esta produción é quen realmente lle dá prestixio a Tenreira Galega que se vende tanto nos mercados do estado, como noutros lugares do mundo.
Nos últimos tempos estamos a observar como a categoría suprema, sufriu toda unha serie de ataques que están a pór en risco o seu futuro e o seu prestixio. Así asistimos a cambios no regulamento, cambios que prexudicaron ás explotacións tradicionais en beneficio dos cebadeiros ao permitir que estes aumentaran a idade de sacrifico cousa que non se lle permitiu ás explotacións tradicionais, pasando a poder matar animais con menos de 1 ano de idade, cando antes a idade non podían pasar dos 8 meses. Nesta mesmo sentido temos que mencionar o Protocolo para valorizar a “Ternera Suprema”, asinado e avalado polo conselleiro do Medio Rural, protocolo no que se observan moitas indefinicións, ao tempo que non vemos unha aposta decidida pola “Ternera Suprema” así como non vemos medidas que obriguen a respectar a Lei da Cadea Alimentar, no que ten a ver que os prezos garantan cubrir os custes de produción.
Dende o ano 2012 non houbo eleccións a este organismo, e FRUGA é a primeira vez que se presenta, tendo en conta que na convocatoria dese ano se nos impediu participar no proceso electoral.
A candidatura de FRUGA vai estar encabezada por un gandeiro da Fonsagrada, concretamente Borja Campos Fernandez, un mozo incorporado recentemente a actividade gandeira, e que ten como obxectivo a defensa dos intereses dos produtores galegos de suprema. Participan nesta candidatura gandeiros e gandeiras, de Viana do Bolo, Pontevedra, Sarria, O Corgo, comarca de Ancares, e O Incio. Temos como único obxectivo a defensa dun modelo de produción que é a principal actividade de moitas comarcas do país por non dicir a única, como Fonsagrada, Ancares, Sarria, Terra-Chá, montaña de Ourense…
FRUGA parte con ilusión, tendo claro que a nosa presenza no consello regulador, é cada dia mais necesaria, e o mesmo tempo temos que traballar con quen realmente comparta obxectivos comúns. O futuro do sector de vacún de carne na Galiza, pasa por unha defensa deste modelo produtivo, e para iso e imprescindible o traballo dentro do consello regulador.