Perante o xurdimento na Galiza de dous casos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) desde a FRUGA estamos preocupados co desleixo da Consellería do Medio Rural.

As gandarías galegas non somos culpables desta situación e non podemos asumir os custes e as perdas que se podan ocasionar.

Sárria, 21 de setembro de 2023. No dia de onte a Concellería do Medio Rural, declaraba os dous primeiros focos da enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE), concretamente dous casos nos concellos de A Capela e Abengondo. Estamos a falar dunha patoloxía que afecta principalmente o gando vacún, sendo Galiza unha das comunidades do estado con maior número destas reses.

Nos últimos meses deron-se numerosos casos desta enfermidade na comunidade veciña de Castela León, concretamente en Ávila, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora.

Desde a Federación Rural Galega – FRUGA queremos manifesta a nosa preocupación polo desleixo da Consellería do Medio Rural. Tendo o problema as portas de Galiza, concretamente na provincia de Zamora lindeira com o territorio da Galiza non temos coñecemento de que se activara ningunha medida preventiva que intentara minimizar os posibles efectos que esta patoloxía podería ter sobre o censo vacún galego, co cal observamos unha vez mais como ante problemas de importancia, o conselleiro do medio rural prefire mirar para outro lado.

As gandarías afectadas pola EHE, soen sufrir importantes perdas, chegando nalgúns casos a morte do animal, e noutros casos precisan de tratamentos veterinarios durante varios días, como consecuencia de coxeiras, abortos, perdas de produción… Actualmente ningún seguro cubre estas perdas, co cal teñen que ser asumidas directamente polos titulares das explotacións gandeiras.

Desde a FRUGA exiximos-lles a Xunta da Galiza, un protocolo claro de actuación, onde se contemplen axudas económicas que compensen as perdas que sufran as gandeiras, e por outro lado axudas para programas de desinfección, tratamento…

Os gandeiros e gandeiras galegas, non somos os culpables da situación que se nos aveciñan, como consecuencia da aparición dos primeiros casos da enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE), polo tanto tampouco debemos ser nós quen teñamos que facer fronte ás importantes perdas económicas que desta patoloxía se derivan.

A Consellería do Medio Rural ten que tomar cartas no asunto e evitar que as gandarías de vacún da Galiza non sufran unha maior perda de ingresos por esta situación.