A Consellería de Medio Rural non vai ingresar o 70% de anticipo da PAC que permite a UE.

A Comisión Europea autorizou esta medida para facer fronte ás dificultades orixinadas pola seca e polos incrementos dos custes de produción.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023. A Comisión Europea autorizou ao Estado español poder adiantar até un máximo do 70% das axudas directas da PAC correspondentes á campaña 2023. Esta medida excepcional ben determinada polas especiais dificultades ocasionadas pola seca que afectou ao Estado español e polos incrementos dos custes de produción.

Para poder facer uso desta prerrogativa cada unha das comunidades autónomas ten de solicitar ao Ministerio de Agricultura Pescas e Alimentación (MAPA) o importe dese anticipo. Así segundo datos do propio MAPA o importe das axudas directas para o Estado español ascende a 4.875 millóns de euros, mas o requirido pola totalidade das comunidades autónomas, de momento, ascende a 2.453 millóns de euros, o que ven a supor o 50,3% lonxe do 70% que permite a UE.

A partir destes datos soamente Castela e León tería solicitado a quantía suficiente para poder proceder ao pagamento dese 70% da sua estimación das axudas directas solicitadas nesa comunidade autónoma, entanto Asturias, Extremadura, Nafarroa e Comunidade Valenciá estarían en condicións de anticipar o 50% e o resto ficarían por baixo desta porcentaxe.

As comunidades autónomas argumentan para non se acoller a esta medida en que ao se prolongar o período de solicitación da PAC non dispuxeran de tempo para levar a cabo os controis aos que obriga Bruxelas. Perante desta escusa o que temos de dicir desde a FRUGA é que si foi necesario ampliar o prazo foi debido fundamentalmente ao problemas e incidencias co programa informático da propia administración, e en ningún caso atribuíbel ao e as persoas solicitantes.

En consecuencia a comunidade autónoma da Galiza, atendendo a esta información, estaría entre as comunidades autónomas que non van exercer a facultade extraordinaria que permite a Comisión Europea de proceder a ingresar até o máximo do 70% das axudas directas da PAC, polo que os e as agricultoras galegas non van percibir a totalidade do adianto que terían dereito a cobrar.

Desde a FRUGA queremos facer un chamamento á Consellería do Medio Rural para que active todos os mecanismos que fagan posíbel que os agricultores e agricultoras galegas se podan beneficiar da posibilidade de cobro do adianto do 70% das axudas directas da PAC que permite a Comisión Europea da UE.