O pasado dia 12 a Federación Rural Galega – FRUGA e a organización agraria de ámbito estatal, Unión de Uniones de Agricultores y Ganaderos veñen de asinar un convenio de colaboración.
Este convenio ten por obxecto formalizar as relacións de colaboración que desde fai tempo vimos mantendo ambas organizacións co fin de cooperar na mellor defensa dos intereses dos sectores agrarios da Galiza.
Ambas organizacións recoñecen-se como interlocutores no seu ámbito de actuación tanto sectorial como territorial e comprometen-se a defender activamente perante as administracións competentes no ámbito estatal como galego os dereitos do sector agropecuario a elixir libre e democraticamente os e as súas representantes nos marcos institucionais de interlocución, mediante a celebración de eleccións.
O acto de sinatura tivo lugar na cidade de Ourense, sendo asinado por Xurxo Álvarez, presidente da FRUGA e polo coordinador estatal de Unión de Uniones de Agricultores y Ganaderos, Luis Cortés