A FRUGA perante a indefensión nas que se encontran as gandarías galegas exiximos da Consellaría do Medio Rural a posta en marcha a Mesa de Interlocución Láctea da Galiza.
Sarria 19 marzo de 2024. Nestes días están a chegar os novos contratos de compra as explotacións leiteiras galegas, como consecuencia das renovacións do mes de abril. Estas propostas de contratos levan consigo unha baixa que varia de entre 2 cts a 4 cts por litro, dependendo da empresa.
Estamos unha baixada que en ningún caso é xustificada, e que vai supor dificultades para moitas gandarías galegas, especialmente para as explotacións mais intensivas, tendo en conta que calquera baixada no prezo do leite nestas graxas supón unha importante mingua dos ingresos. Esta baixada non se leva adiante en base as variacións que se poden dar nos custos de produción, senón que deriva principalmente de cuestións de mercado.
As variacións nos prezos, neste caso cara abaixo, responden única e exclusivamente aos intereses das propias industrias e a operacións especulativas no mercado mundial cos derivados lácteos e o leite spot.
Perante deste situación desde a Federación Rural Galega – FRUGA queremos deixar patente a indefensión que padecemos os gandeiros e gandeiras galegas. As empresas recolledoras envían o contrato a explotación, a través dos e das transportistas das cisternas recolledoras, e non che queda mais remedio que asinalo, ou do contrario paran de recoller o leite. As explotacións lácteas, non temos ningunha capacidade de negociación, e como consecuencia padecemos en primeira persoa as oscilacións que se aplican nos prezos.
Levamos moito tempo falando da lei da Cadea Alimentaria, que non é nen mais nen menos que unha declaración de intencións, xa que os seus efectos reguladores no prezo do leite son nulos, non existen. Os prezos fixan-se en base os mercados especulativos, e nunca en base os custos de produción, sen valer para nada calquera lexislación aprobada polo Ministerio de Agricultura.
As administracións, neste caso, miran para outro lado, e dende FRUGA exiximos-lle a Consellería do Medio Rural que poña en marcha a mesa do leite, un órgano de dialogo que ten que servir para tomar medidas en momentos como este. Aínda que o propio conselleiro se encargou de pór-se a medalla cando houbo subas nos prezos, o lóxico é que dea a cara en momentos nos que se producen importantes baixadas, que de feito xa vimos arrastrando nas últimas renovacións contractuais.
FRUGA considera que é preciso por en marcha a Mesa de Interlocución Láctea da Galiza, como órgano de dialogo, no cal se intente aplicar a lexislación vixente, ou do contrario a lei da cadea alimentar non serve para nada. Perante desta situación ten de ser a propia Consellería do Medio Rural quen ten de tomar a iniciativa, e intentar solucionar a viabilidade das 5600 gandarías galegas que aínda ficamos producindo leite neste país.