Estes cambios poñen en perigo a categoría “Suprema” da Indicación Xeográfica Protexida “Ternera Gallega”. Pedimos unha rectificación da Consellería.
Sarria, 31 maio 2024. Recentemente ven-se de aprobar unha modificación regulamentaria do Consello Regulador de “Ternera Gallega”, que afecta de forma directa a todo as explotacións que producen baixo a categoría de “Ternera Gallega Suprema”.
Estes cambios normativos, obrigados por unha resolución da Axencia Galega de Calidade Alimentar (AGACAL) e publicada no DOG, implican principalmente a obriga de encortellar os xatos cebados acollidos a esta categoría. Esta medida vai afectar de unha maneira especial a todas as explotacións que optaran por un manexo extensivo da sua cabana ao verse obrigadas a acometer investimentos para dar cumprimento á mudanza do regulamento de “Ternera Gallega Suprema” que obriga a estabular os animais de mais de 8 meses durante dous meses ou agrupalos en recintos pechados.
O efecto negativo que esta obriga pode ter sobre as explotacións extensivas pode beneficiar aos cebadoiros industriais, de tal maneira que as explotacións extensivas ao ver-se obrigadas a acometer estes investimento decidan vender antes os seu becerros que loxicamente iran engordar as explotacións de cebo industrial.
Dalgunha forma, con esta mudanza imposta pola Consellería do Medio Rural (AGACAL), está-se a cumprir o acordo do sector cárnico asinado no ano 2022, amparado pola Consellería do Medio Rural. Acordo que a Federación Rura Galega (FRUGA)l non asinou, no cal se dicía que as explotacións tiñan que adaptar a súa produción as necesidades da industria.
FRUGA considera que estes cambios poñen en perigo a categoría da “Suprema”, tendo en conta que as gandarías que actualmente se adicaban a produción tradicional, poden preferir vender as súas reses nos primeiros meses de vida, renunciando o seu remate. Estes xatos van ser engordados nos cebadoiros da agro-industria cárnica galega, aumentando considerablemente a produción de tenreira galega “Normal”, e utilizando a “Suprema” como simple marketing para favorecer a comercialización doutras categorías da IXP.
A día de hoxe, xa observamos como algunha denominación de orixe cárnica limítrofe con Galiza, está a acadar prezos superiores aos que se dan na nosa terra, algo insólito tendo en conta que TG sempre foi pioneira tanto en prezos, como en volume no conxunto do Estado español.