A Consellería do Medio Rural está obrigada a implicar-se para tratar de dar saída aos problemas do sector vitícola galego, mediante a convocatoria da Mesa Sectorial do Viño.
Cenlle, 23 de agosto de 2024. Un ano mais, cando se achegan estas datas previas a vendima, asistimos sempre aos mesmos movementos por parte da industria, aducindo a que aínda teñen viño en adega e que teñen excedentes, cousa que é normal e mesmo necesaria, por outra parte, na medida en que até o meses de febreiro a xuño as uvas que entran agora para elaborar os viños non valen para engarrafar.
Estas “ameazas” por parte das adegas elaboradoras, de ter dificultades para facer-se cargo das uvas que producen as viticultoras e viticultores, teñen como obxectivo provocar nerviosismo e incerteza entre o sector produtor, xa que unha vez a uva entra no seu grao óptimo de maduración hai que recolle-la ao se tratar de un produto perecedoiro e non pode agardar.
Estas “ameazas” teñen un fin concreto, que non é outro que provocar unha baixada do prezo do quilo de uva. Movimento que ten de ser entendido dento da lóxica do chamado “libre mercado”, onde as regras do mesmo son sempre marcadas polo elo mais forte da cadea, neste caso o sector transformador, perante a indefensión as que o elo mais débil quese encontra desprotexido, entanto a administración soamente adopta medidas cosméticas, mas non efectivas, como é o caso da Lei da Cadea Alimentar.
Porén, para procurar solucións a estas anomalías teñen de estar as administracións, neste caso a Consellería do Medio Rural, mediante a convocatoria das “Mesas do viño” para analizar e cotexar, xunto cos Consellos Reguladores das distintas Denominacións de Orixe e as Organizacións Agrarias a situación real do sector.
Mas unha vez mais comprobamos como, repetindo os mesmos erros, a Consellería do ramo está ausente, botando balóns fora co argumento explicitado pola señora conselleira de que “non pode intervir no mercado”. A estas alturas non sabemos como debemos interpretar esta actitude, se será por favorecer ao sector industrial, se é que pasa do sector produtor, ou se é que non ten idea do problema que existe. En calquera dos caso o asunto é grave. En todo caso unha Consellería non debe servir exclusivamente para estar presente en inauguracións e asistir a “saraos”
Tendo de conta esta situación, desde a Asociación Galega de Viticultura – FRUGA, solicitamos-lle publicamente á señora conselleira que convoque de modo urxente a todos os sectores implicados para procurar unha solución a este problema que se ven anunciando desde xa fai uns días e que parece que se agrava canto mais nos achegamos as datas da vendima, visando asegurar a recollida da uva a uns prezos xustos que cubran os custes de produción, tal como especifica a Lei da Cadea Alimentar, mediante o estabelecemento de contratos homologados onde se fixen os compromisos de prezo e recollida do produto.
Para mais información contactar com Xurxo Alvarez, presidente da FRUGA, Tl. 616 22 38