A Consellería do Medio Rural debería convocar unha mesa de diálogo coa presencia de todas as partes actuantes no sector para consensuar as medidas a adoptar.
Sarria 24 setembro 2024. FRUGA. FRUGA considera que as axudas anunciadas no dia de onte, pola Consellería do Medio Rual, en relación coas perdas derivadas a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), son insuficientes nalgúns casos.
Neste sentido debe-se ter de conta que cando unha gandaría sofre os efectos destas patoloxía, os gandeiros e gandeiras afectadas, na maioría dos caos, non soamente teñen de enfrontar os gastos inherentes aos tratamos, senón que tamén se poden ver afectados pola diminución de ingresos.
No que respecta as cantidades, que se dan por cada animal morto, estamos a falar de cantidades que van dende os 400 euros ata os 1.600. Estes importes consideramos que son insuficientes no que respecta a animais de bovino de carne, xa que o seu valor aos 4 meses e moi superior. Neste mesmo sentido as vacas de primeiro parto, tanto de leite como de carne, pasa o mesmo, o valor destes animais supera con creces os 2.000 euros. Con estas indemnizacións, non se cubre para nada o valor de mercado de moitos animais, polo que ao noso entender as perdas sufridas pola gandaría non son cubertas por estas axudas.
Outro aspecto que non contempla esta liña de axudas, é o do lucro cesante, é dicir cada explotación afectada debería percibir unha cantidade non soamente polas perdas ocasionadas pola enfermidade, senón que tamén se debe contemplar as ganancias que se deixaron de obter.
Esta mingua de ingresos pode repercutir mesmo na viabilidade das explotacións. As gandarías galegas, están sometidas a uns gastos fixos como poden ser os da luz, auga, seguridade social, seguros, …., Cando non hai os ingresos habituais como consecuencia da patoloxía, é preciso que desde a administración se habiliten axudas para lle facer fronte os gastos fixos que se producen a diario nas nosas granxas.
Igualmente os gastos veterinarios son moi superiores a indemnización por animal, aínda que non son iguales en todas as gandarías. Con 20 euros por animal, non sempre se cubre o custo veterinario derivado dos tratamentos da EHE.
FRUGA considera que a Consellería do Medio Rural, ante un problema como este debería convocar unha mesa de dialogo, na cal estiveran presentes todas as partes actuantes no sector gandeiro. Si realmente queremos facer unha orde de axudas para paliar as perdas que sufrimos os gandeiros pola aparición da EHE, é preciso que todos os axentes do sector gandeiro galego aporten as súas ideas, para así poder reflectir mellor a situación das explotacións galegas ante esta problemática.