Grandes zonas do rural galego están a sufrir a incompetencia e o desleixo da empresa Movistar ao as deixar sen servizo telefónico e aceso a internet.

Desde a FRUGA pedimos-lle ao señor Rueda que interveña e que non lle permita a empresa Movistar que deixe sen este servizo a amplas zonas do nos rural.

Sarria, 7 de outubro de 2024. Varios concellos do rural galego, están a sufrir estes días os efectos da incompetencia da empresa Telefónica. Esta empresa ten un grande número de usuarios sin servizos de telefonía fixa e sen acceso a internet. Concretamente na montaña de Lugo mais de 600 usuarios, a maior parte persoas maiores dependentes do servizo de Tele-asistencia.

Movistar non da ningún tipo de solución, soamente argumenta que esta situación é consecuencia do cambio do sistema 2G para o 4G. O mesmo dá que chames ao 1002 ou 1004 que formules unha reclamación. A poboación afectada soamente recibe unha resposta xenérica, e case nunca son atendidos por un operador ou operadora, senón que teñen que seguir as directrices dunha máquina e dun contestador, que se limita a tomar nota da incidencia. En todo caso o problema fica sen resolver.

Esta situación vai-se ver agravada nos próximos días, entre outras cousas, por que os cambios de tecnoloxía son realizados a través de apagóns analóxicos, que nalgunhas centrais xa se produciron, e noutros está previsto que se realicen no mes de outubro, concretamente anuncian a data do 19 deste mes. Co cal os e as usuarias perderan liña fixa así como o acceso a internet. Por outra parte temos constancia que a empresa Movistar non está estendendo en ningún caso a fibra óptica no rural, co cal as novas tecnoloxías nas aldeas galegas converten-se nunha utopía.

Dende a Federación Rural Galega – FRUGA, queremos denunciar en primeiro lugar a incompetencia e desleixo da empresa Telefónica deixando sen servizo a bastantes zonas do rural galego, mas tamén deixando de lado a aplicación dun servizo de calidade, coa extensión da fibra óptica aos núcleos onde reside a poboación rural galega.

As consecuencias desta falta de servizo, van dende as dificultades que ten calquera persoa co sistema de Tele-asistencia. Persoas maiores que necesitan este servizo as 24 horas do día, até o importante número de xestións que temos de facer nunha explotación a través de internet, como as altas e/ou baixas de animais, así como outros trámites coa administración ou o aceso á banca electrónica, por exemplo.

FRUGA considera que nun asunto como este o propio presidente da Xunta ten que intervir. O señor Rueda non pode permitir que unha boa parte do rural galego fique sen servizos de telefonía, mesmo pondo en risco aspectos tan importantes como pode ser a saúde de moitos maiores das nosas parroquias rurais.

Esta situación pon en cuestión as campaña de propaganda da Xunta da Galiza nas que se presume do servizo de Tele-asistencia no medio rural, ou promovendo o uso da oficina virtual agraria e gandeira obrigando a moitos gandeiros e gandeiras a realizar os seus tramites por medios dixitais a través da chave 365.

En fin, desde a FRUGA esiximos-lle o señor Rueda que os esforzos que gasta en propaganda, os aplique agora en impedir que ningún veciño e veciña do rural galego fique sen os servizos básicos de telefonía e Internet. A inacción da Xunta da Galiza mirando para