Perante as perdas das forraxes causadas polos temporais a Consellería non se quere acoller a posibilidade de adiantar até o 70% das axudas directas da PAC.

Para a FRUGA que a Consellería renuncia a esta prerrogativa demostra un total abandono das súas funcións ao abandonar ás explotacións agropecuarias galegas.

JIS

Sarria, 22 de outubro de 2024. A Federación Rural Galega-FRUGA, quere manifestar o seu desacordo coa postura da Consellería do Medio Rural, de adiantar menos do 30% do total de pagos da Política Agraria Común (PAC) que debería percibirse entre o 16 e o 30 de outubro deste ano.

Nesta campaña a Comisión Europea, nunha resolución ditada o pasado 13 de Setembro autorizou os Estados membros anticipar até un máximo dun 70%, da cantidade a percibir en concepto de axudas da PAC. A Xunta da Galiza ten por costume dar-lle moita publicidade os anticipos que realiza tódolos anos, pero cando realmente ten a posibilidade de aumentar a porcentaxe a anticipar, non exerce as súas funcións e competencias, en consecuencia atopamos-nos con que a Galiza é das comunidades onde menos anticipo vai adiantar. Estamos a falar dun adianto de menos do 30%, fronte a medio do Estado dun 53%, e de comunidades que superan o 65%.

FRUGA considera que a Consellería do Medio Rural, non está a facer uso das súas competencias, podendo favorecer as explotacións agropecuarias galegas, e prefire limitarse a facer os pagos doutros anos, sen facer uso da nova lexislación, que permite dotar os labregos e labregas deste país dunha maior liquidez.

E todo isto dá-ses nunhas circunstancias especiais que veñen determinadas polos recentes danos causados polo temporal Kirk, no que moitas ganderías veñen de sufrir os efectos dos temporais, que significaron perdas importantes no forraxe que debería chegar as súas explotacións. Boa parte da colleita de millo forraxeiro, non se poderá recoller, o cal significa unhas perdas importantes para os gandeiros e gandeiras galegas. Sen ter datos obxectivos, estamos a falar de perdas de varios millóns de euros, sen que a dia de hoxe se saiba se vai haber algún tipo de indemnización por este concepto. Consideramos que a parte das indemnizacións que se poidan percibir polas perdas, o goberno galego debería traballar para conseguir anticipar a maior cantidade de fondos da PAC, para intentar paliar, en parte, eses desaxustes que se dan a dia de hoxe nas explotacións agropecuarias galegas.

FRUGA considera que esta actitude por parte da Consellería do Medio Rural demostra un total abandono tanto das súas funcións como das explotacións galegas nun momento mui complicado, onde moitas delas teremos de enfrontar gastos excepcionais como consecuencias das perdas causadas no millo forraxeiro debido aos últimos temporais.

En ningún caso se pode entender, nestas circunstancias, que a Consellería renuncie a apoiar as explotacións galegas ao non se acoller a posibilidade que brinda a Unión Europea de adiantar até o 70% da Política Agraria Común (PAC) correspondente ao ano 2024. Unha vez mais, observamos como esta Conselleira prefire a propaganda, a realizar as xestións correspondentes para mellorar a liquidez das nosas ganderías. Non é de recibo, que as explotacións agropecuarias galegas sexan as que menos axudas van recibir de todo o Estado, o 26%, en concepto de anticipo polos cobros da PAC: