FRUGA en colaboración coa área Rural de Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven de programar unhas Xornadas Agrarias baixo o título:

Os retos da actividade agro-pecuaria e do monte perante o reto da mudanza climática”.

Lugo novembro 2024. Recentemente deu-se a coñecer o relatorio, encargado polo Presidente da Comisión Europea, coñecido como “Diálogo Estratéxico sobre o futuro da agricultura da UE”.

Catro foran as cuestións abordadas: o futuro do sistema alimentar europeo; as oportunidades da tecnoloxía e a innovación; a preservación dos límites da natureza; e as perspectiva, tanto, das agricultoras e agricultores como das poboacións das zonas rurais.

Tendo como obxectivo procurar conciliar a agricultura coa natureza e servir de orientación para a acción destinada a crear sistemas agro-alimentares socialmente responsábeis, economicamente rentábeis e ambientalmente sustentábeis, co que isto implica camiñar cara novos sistemas agro-alimentares mais resilentes, sustentábeis, competitivos, rentábeis e xustos.

A partir destes antecedentes, e de cara a abrir un debate sobre estes asuntos é polo que desde a Federación Rural Galega – FRUGA nos marcamos como obxectivo levar a cabo unhas Xornadas Agrarias enfocadas como unha actividade formativa para abordar os retos da produción agropecuaria e do monte perante a mudanza climática a desenvolver neste cuarto trimestre de 2024, asi como durante o ano 2025.

Inicialmente desenvolveran-se dúas xornadas. Unha primeira abordou a situación do sector bovino de carne perante o reto climático; e a segunda sobre a viticultura da Ribeira Sacra perante un futuro marcado polos cambios de tendencia no mercado e de adaptación á mudanza climática.

Tendo de conta que a diversidade de asuntos a tratar non se esgota nos anteriormente mencionados, a nosa intención é continuar desenvolvendo estas xornadas formativas no ano 2025.

Por todo o anterior a Federación Rural Galega – FRUGA solicita a colaboración da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo para levar a cabo estas xornadas formativas que teñen como obxectivo dotarmo-nos dos instrumentos e coñecementos necesarios para camiñar cara uma agricultura mais respectuosa coa natureza e o medio ambiente, economicamente rentábel e ambientalmente sustentábel.