Sarria, Casa da Cultura, 7 novembro 2024
O pasado dia 7 de novembro tivo lugar na Casa da Cultura de Sarria a primeira Xornada Agraria programada pola Federación Rural Galega – FRUGA en colaboración da área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Esta primeira xornada estivo centrada nos retos do sector de bovino de carne perante a mudanza climática.
A seguinte palestra relativa aos retos da sanidade animal no contesto da mudanza climática foi desenvolvida pola veterinaria e parlamentaria do Grupo Parlamentar do BNG no Parlamento Galego, Ariadna Fernández González. A súa intervención estivo centrada fundamentalmente tanto na Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) como na presencia da Língua Azul, e súa especial incidencia nas explotacións extensivas, mas non só, como consecuencia das mudanzas climáticas favorecedoras de unha maior presencia de vectores de propagación, así como os seus efectos sobre a economía e viabilidade das explotacións afectadas ao ter de enfrontar os gastos inherentes aostratamentos, mas tamén porque se poden ver afectados poladiminución de ingresos.
Para finalizar esta xornada, a última das palestras consistiu nun debate sobre o modelo produtivo para as explotacións extensivas de bovino de carne. Debate moderado e conducido por Xosé Elias Somoza Regueiro, gandeiro de Teilonxe, Sarria, responsábel dos sectores gandeiros da Federación Rural Galega – FRUGA. Os debates estiveran centrados nos efectos das mudanzas climáticas sobre as explotación ao ter de facer fronte a novas situacións como poden ser secas prolongadas e os seus efectos sobre os modelos produtivos, e mais en concreto sobre aquelas explotacións que practican o pastoreo, ligado co problema, xa tradicional, dos baixos prezos. Outro dos temas tratados foi o relativo aos cambios impostos pola Consellería de ter de estabular os xatos, xa que estes cambios poñen en perigo a categoría da “Suprema”, tendo en conta que as gandarías que actualmente se adicaban a produción tradicional, poden preferir vender as súas reses nos primeiros meses de vida, renunciando o seu remate.