Chantada, restaurante “Os Pendellos” 17 novembro 2024
O pasado domingo 17, no marco das Xornadas Agrarias organizadas pola Federación Rural Galega – FRUGA en colaboración coa Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, realizouse un evento en Chantada, no Restaurante “Os Pendellos”, para abordar os diferentes problemas e retos a afrontar que ten a viticulutra na Ribeira Sacra, que está nunha situación límite.
Ao longo da xornada, nunha mesa presidida polo Presidente da Asociación Galega de Viticultura – AGV, Roberto Rivas, desenvolvéronse 3 palestras que trataron dos problemas máis urxentes que ten a Denominación de Orixe Ribera Sacra e toda a viticultura galega en xeral.
A primeira palestra, tivo como condutor a Xavier Monteagudo García, coordinador da Asociación Galega de Viticultura – AGV, entidade integrada na Federación Rural Galega – FRUGA, baixo o título “Crise de produción, comercialización e consumo na Ribeira Sacra”, desenvolveuse nunha liña de busca de solucións a un problema que cada vez medra máis, ao tempo que a Administración que debe defender os viños da D.O. Ribeira Sacra, a Xunta de Galiza, pón parches que non son solucións.
A segunda palestra, correu a cargo do enxeñeiro agrónomo Xosé Manuel González Vilas e versou sobre un tema que cada vez está despertando máis sensibilidades, que é a aplicación dos produtos fitosanitarios na viña e a súa influencia no entorno. É unha realidade que a aplicación de sulfatos na viña está xerando unha serie de problemas sociais, medioambientais, sanitarios e económicos. Tratáronse todos estes problemas de xeito pormenorizado, chegando á conclusión de que se precisa incidir na profesionalización da aplicación dos produtos.
Finalmente, na última palestra, conducida por Roberto Rivas Reboredo, viticultor da DO Rias Baixas, consistiu num debate sobre o papel dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe. Máis alá da valoración das recentes novas presidencias, en Monterrei e en Valdeorras, a palestra xirou sobre o papel que está xogando o Consello da D.O. Ribeira Sacra na crise que está vivindo, tanto a propia crise na recollida de uva como na crise institucional que sufriu e sofre.