Perante a Orde da Consellería do Medio Rural que regula a utilización da maquinaria agrícola e forestal, na época de alto risco de incendios, a FRUGA considera que a actividade agraria non debe estar sometida a este tipo de restricións.

Por outra parte queremos deixar claro que a Xunta de Galiza non cumpriu cos seus compromisos de limpeza e roza aos que se comprometera o Presidente da Xunta

Sarria, 1 de xullo de 2026. O pasado luns dia 29 de Xuño, a Consellería do Medio Rural publicou unha orde que regula a utilización de maquinaria agrícola e forestal, durante as épocas de risco alto de incendios e en determinadas zonas do país.

Desde a Federación Rural Galega, consideramos que a actividade agrícola propia desta época, como a recollida de herba seca, non debe estar sometida a este tipo de restricións, tendo en conta que a actividade agropecuaria, é o principal método de prevención de incendios. A gandería extensiva ao igual que as producións forraxeiras, contribúen a a evitar o risco de incendios, e ao non necesitar executar ningún tipo de roza durante os meses de verán.

O gran número de incendios forestais que vive Galiza, producen-se na súa maior parte, en comarcas onde a actividade agropecuaria é escasa ou practicamente nula.

Tras a ola de incendios do pasado ano, a propia conselleira do Medio Rural, comprometeu-se a realizar labores de roza e limpeza en distintos lugares do país, estes traballos deberían realizar como método de prevención durante as épocas que non existe risco de incendios. A dia de hoxe, unha vez mais observamos como as promesas do Presidente da Xunta de Galiza quedaron en simples declaracións de intencións, xa que a penas se executaron estas actividades de corte preventivo o longo da épocas de inverno e primavera.

FRUGA considera que a Xunta de Galiza, non cumpriu cos seus compromisos de limpeza e roza, e o que non pode, nen debe facer é impedir a realización das labores agrícolas típicas do verán como é a recollida da herba seca.

Realmente se desde a propia Consellería do medio rural non se realizaron as medidas comprometidas, os gandeiros e gandeiras non somos os culpables, e como tales non temos porque pagar as consecuencias de esa inacción da conselleira do medio rural.

Igualmente desde a FRUGA, somos conscientes de que estamos en época de risco de incendios, especialmente en determinadas comarcas do país, e como tal sabemos que temos que arrimar o ombro co fin de evitar a propagación dos mesmo, porque a ninguén lle interesa ver Galiza arda como na campaña pasada.

Consideramos unha irresponsabilidade, tanto por parte da Consellería do Medio Rural se incumpran as promesas de efectuar os labores preventivos nos meses de inverno e primavera, así como tamén as declaracións feitas por outras organizacións que non aportan nada ante un problema desta magnitude.