FRUGA organiza o seminario “Futuro da Política Agraria Común após 2028”

En febreiro de 2025 a Comisión Europea presentou o documento que daba início ás deliberacións para deseñar o orzamento a largo prazo da Unión Europea para o período 2028-2034. No documento proponse unha reforma estrutural da Política Agraria Común, PAC, que substituirá ao modelo actual. Os cambios presentados abren multiples incognitas e un procreso de negociación moi complexo.

Para intentar botar luz sobe esas incognitas e sobre ese proceso é polo que a Federación Rural Galega, FRUGA, organiza un seminario baixo o título “Futuro da Política Agraria Común após 2028” e aberto ao público interesado.

O seminario terá lugar na Escola de Música Eugenio Pazos Reyes situada en Visantoña, concello de Santiso, o vindeiro venres 17 de xullo a partir das 10h. O seminario estrutúrase ao redor de dúas mesas ou ponencias cos seus turnos de debates abertos ao público:

Mesa 1 (10:30h – 12h): Debates e posicións nos Palamentos Europeo e Galego. Na que contaremos coas intervencións de Ana Miranda, eurodeputada e Secundino Fernández, deputado no Parlamento Galego.

Mesa 2 (12:15h – 13:45h): Propostas da Comisión Europea. Coas intervencións de Mar Pérez Fra e Bernardo Valdés, profesores da Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria da Universidade de Santiago de Compostela.

De seguido ligazón coa localización do lugar de celebración: https://maps.app.goo.gl/uY59A7nrjKFKKDtz9

Após o seminario haberá un xantar, para quen desexe ficar, para o que habera que se anotar antes do 14 de xullo. O xantar terá lugar no Mesón Visantoña a un prezo de 14€ (menú do día). Para anotarse ao xantar respondede a este correo. frugagaliza@gmail.com.