A FRUGA REÚNESE CON JUÁREZ PARA ABORDAR A SUPRESIÓN DO SERVIZO DE IDENTIFICACIÓN ANIMAL

É a primeira ocasión en que 0 Conselleiro aceita a interlocución coa FRUGA.

Juárez non ten previsto dar marcha atrás e contrapón aos milleiros de sinaturas apresentados por FRUGA as felicitacións de alguns gandeiros pola implantación do novo sistema.

Lugo, 14 de decembro de 2010.- O pasado xoves dia 9, unha delegación dos e das veterinarias de SEAGA, acompañad@s dos membros de FRUGA Elías Somoza, coordenador de gandeiria, e Xurxo Alvarez, Presidente da Organización, dirixíronse à Delegación Territorial da Xunta de Galicia de Lugo, co fin de exporlle à  Delegada Territorial a situacion na que se atopan tanto gandeir@s como veterinari@s debido a implantación do novo sistema de identificación e marcaxe de gando bovino. Pretendíase con esta xuntanza que a propia delegada territorial intervira para poder conseguir unha xuntanza co conselleiro de Medio Rural. A comisión foi emplazada a voltar o luns dia 13, logo de non ser recibida pola Delegada.
Xa o dia 13 a Delegada Territorial recoñeceu que para ela esta era unha situación totalmente descoñecida e que en breves momentos entraria o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Júarez, para atender as demandas de ambos colectivos e tentar expór a postura da Administración. Principiouse entón unha reunión na que participaron  Maria Jesus Gomez Garcia, veterinaria e membro do Comité de Empresa de SEAGA pola CIG, Xerardo Alvaredo membro de CIG-Administración, e Elias Somoza en representación da FRUGA.
Durante a xuntanza o representante da FRUGA expuxolle as consecuencias que tería para os gandeiros e gandeiras deste país o novo sistema de identificación e crotalaxe: por un lado o aumento de burocracia nas explotacións que a dia de hoxe  xa supon unha importante cantidade de tempo nas explotacións gandeiras, e ao mesmo tempo o incremento económico do servizo, xa que, contrariamente à propaganda oficial, o novo sistema, lonxe de ser gratuíto, supón un aumento das tarifas existentes,  tendo en conta que por exemplo a solicitude de duplicados pasou de 3,6 euros co sistema de veterinarios identificadores a 8 euros co novo sistema. Igualmente instouselle a que tivera en consideración as mais de 8000 signaturas de gandeiros e gandeiras presentadas por FRUGA no Parlamento.
A resposta do conselleiro foi breve e concisa, contestandolles ós veterinarios que tería unha xuntaza co comite de SEAGA e igualmente respostando que o novo sistema de identificación e crotalaxe era imparable,  mesmo decindo que moitos gandeiros e gandeiras xa o felicitaran por este “logro”. O representante de FRUGA, Elias Somoza, deixou clara a  posición da organización agrária: a non supresión do servizo ofertado a través  dos veterinarios identificadores, sistema que pode convivir perfeitamente co novo programa artellado desde a Xunta. A resposta do Conselleiro Juárez tamén foi clara:  o servizo tal e como se viña desenvolvendo ate o de agora desaparece por consideralo “inviable”.