Benvida

Benvida á AGV

A Asociación Galega de Viticultura foi constituída no verán do 2009 por viñateiros de varias zonas do país, de feito a razón da súa creación veu pola necesidade de contar cun espazo onde a colaboración e cooperación nos ámbitos técnicos, formativos, profesionais e promocionais permitirá a calquer integrante do sector do viño galego (viticultores/as, adegueiros/as, cooperativistas, enólógos/as, técnicos/as, consumidores/as, etc….) contar cunha potente rede social de apoio e en xeral de defensa e proxección pública da cultura vínica do noso país.

Tanto se nos coñeces como non tes os nosos contactos neste blog ou a través dos nosos asociados/as espallados por toda a xeografía do viño galego, non deixamos de ser unha modesta e humilde ferramenta a túa disposición e que espero poidan disfrutar cos nosos viños, e sobre todo non esquecer a orixé nas uvas e terras e os seus fatigados viticultores/as.

Roberto Rivas Reboredo

Viticultor e Presidente da Asociación Galega de Viticultura

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter