Colgamos a nosa primeira publicación duns apuntamentos sobre fertilización na viña que foron editados con oportunidade dos primeiro cursos que desenvolveu a AGV en decembro de 2009 no Curso de O Rosal, dentro do programa formativo FORGA. Este manual elaborado por Xosé Manuel González Vilas tenta dar dun xeito esquemático as pautas e criterios a ter en conta no que é planexar a manexar unha viña, esperemos que próximas edicións subsanenen e melloren esta modesta proposta. No manual fai destaque das diferentes propiedades físicas, químicas e biolóxicas dos solos e como elas inflúen de xeito conxunto no comportamento das plantas, nomeadamente as videiras, tamén se amosa o comportamento específico das raices das vides, que ao fín o que se procura e facilitar o seu espacio de desenvolvemento par así ter plantas sáns e con producións de calidade. No final hai un anexo sobre o papel da fertilización foliar, as plantas indicadoras, e a elaboración de biofertilzantes.
O contido básico do manual esta dividido nas seguintes partes:
1. Introducción; 2. Un pouco de historia; 3. A relación entre a calidade dun viño e o solos; 4. O comportamento das raices; 5. Coñecendo os nosos solos; 6. Labrando os solos; 7. Fertilización orgánica; Anexo: A fertilización foliar.
Descarregar o manual en pdf:Apuntamentos técnicos sobre fertilización na viña