O pasado 13 de abril a Asociación Galega de Viticultura asina o protocolo de adesión ao Programa “Wine in Moderation” que promove a “Fundación para a investigación del vino y la nutrición” e que no incomparable espacio da Domus (Casa do Home) de A Coruña se sumou o apoio dos Consellos Reguladores Galegos, a Asociación de Sumilleres Gallaecia, a Asociación Galega de Catadores e a Federación Española del Vino. Por parte da AGV asinou en representación do Presidente Xosé Manuel González Vilas (Vicepresidente da AGV). Previamente na Casa Pardo de A Coruña houbo un xantar especial no que se puideron selecciónar unha “armada” de viños das nosas DOs, incluíndo un tostado do Ribeiro. Por parte das entidades convidadas a asinar o protocolo asistirón Ramón Meiriño (Presidente da DO Rías Baixas), Xosé Lois García Pando (Presidente da DO Valdeorras), Luis Anxo Rodriguez (Presidente da DO Ribeiro), Primitivo Lareu (representante da DO Ribeira Sacra), José Manuel Fernández (representante da DO Monterrei), Luís Paadín (Asociación Galega de Catadores), Mercedes González (Asociación de Sumilleres Gallaecia), e Domingo Valiente (FIVIN), Pau Roca (Presidente da FEV) asinou posteriormente o documento ao non poder asistir por compromiso familiar. O acto foi introducido inicialmente por Xosé Fraga, Director dos Museos Científicos de A Coruña.
O documento en cuestión senta as bases para a colaboración entre as entidades asinantes no que respecta a promoción e fomento do consumo moderado do viño a traves de diferentes actividades como:
– Accións en favor dun consumo moderado do viño, en relación aos seus efectos beneficiosos na saúde.
– Difusión dunha mensaxe común de moderación na utilización de materiais de comunicación.
– Desenvolver programas de educación dirixidos á industria e consumidores.
_ Por a disposición toda a información pertinente sobre a saúde, aspectos sociais e culturais do viño en Europa.
– Apoiar o “Código de conducta do viño para as comunicacións comerciais”.
Podes descarregar o documento elaborado pola Asociación Gallaecia en pdf.FIRMA AGV-Gallaecia-FIVIN