Terroir: Nada sen o solo e todo polo solo: 1ª parte

Xosé Manuel González Vilas

Incluímos un artigo técnico de Xosé Manuel González Vilas, Enxeñeiro Agrónomo e membro da Asociación Galega de Viticultura, neste artigo se expón alguns aspectos a considerar nas percepcións pŕacticas para procurar un manexo sostible nos solos vitícolas. Este artigo apareceu en dúas partes na revista nº 2 e 3 da FRUGA Información Rural (caderno técnico).

 

Extracto do artigo:

Todas as demais técnicas sendo importantes e necesarias, non deixan de ser subsidiarias ou do que é manter un balance entre o desenvolvemento radicular e ó que medra arriba que é o que vemos, e por iso que os franceses acuñaron a palabra “terroir” que non ten unha boa tradución a ningunha das linguas onde hai tradición vitícola, terroir significa o potencial único e singular de vinificación que ten un lugar determinado pola súa xeoloxía, solos, clima e o que o home pon da súa parte como a escolla varietal e manexo, é na Borgoña onde xurde o concepto, os monxes bieitos e bernardos das Reformas de Cluny e Cister estenden mosteiros e abadías por toda Europa, entre elas Galiza, e polo tanto se estende a reinvención da viticultura e vinificación europeas, e así se plantan viñedos por todas as ribeiras do Sil e do Miño xa polo século XI. Estes monxes borgoñons mesmo cheiraban as terras para facer diferenciacións de viños entre parcelas, así se fala dun “climate” (viño dunha parcela específica), así queda definida a diferenciación dos viños, parcelas míticas como “La Tache” ou “Romanée Conti” xa veñen delimitadas desde entón………………

No final, e non cansaremos de repetir “ as propiedades físico-químias do solo semellan menos importantes que as propiedades físicas, esenciais para o enraizamento e a alimentación da hídrica da planta”. No eido químico debemos orientarnos fundamentalmente a evitar as toxicidades por excesiva acidez e por tanto encalar. Sobre a materia orgánica considerar a seu papel chave de alimento da actividade biolóxica e da mellora das propiedades físicas (ten de levar moita palla) que eviten os endurecementos superficiais e aumentar a infiltración das choivas do inverno-primaveira, o seu interese como fertilización química e secundario, só no caso de cepas moi novas ou moi débiles debemos considerar unha materia orgánica con maior contido de nitróxeno (con máis bosta e menos palla por así dicilo), recomendamos aportes orgánicos cunha relación C/N superior a 20 e que ao final non superemos o 2-2,5% de contido total.

Descarregar o pdf do artigo completo: Sen o solo nada

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter