Dentro do convenio de colaboración entre a FRUGA e a CIG e a través da fundación FORGA se vai realizar o 9º Curso de Iniciación de Cata de Viños Galegos e que da remata a presente campaña despois de estar en O Rosal, Cambados, A Estrada, Monterrei, Barro, Ourense, A Rúa, As Neves e finalmente en Moaña. Nesta Rodada asistirón máis de 180 alumnos/as que poideron aprender as técnicas básicas de cata e ademáis degustar viños galegos entre os asociados/as da AGV. Nesta ocasió oficiará o curso Fernando Rodríguez Pequeño (Adega Moraima), noutras ocasións tivemos a José Luís Fernández, Alex López Castro e Xosé Manuel Juste. A cata de Moaña terá lugar nas excelentes instalación do Hotel Bienestar Talaso de Moaña e contóu coa colaboración do Concello de Moaña.
Para este curso escolléronse 16 viños entre brancos e tintos, o primeiro día que corresponde á iniciación e que se ensinan as técnicas básicas sobre as fases visual, olfativa e gustativa que rematan cunha cata de 2 viños (branco e tinto) que nesta ocasión foron o Pintadoiro Mencía 2008 (IXP Viño da Terra Barbanza-Iria) e o Grán Novás Albariño 2009, nesta xornada de iniciación se aproveita para exercitar a memoria olafativa con xogos de aromas básicos e de defectos que se repetirán no 2º día.
No segundo día adicado aos brancos catouse o Abadía de Virmadeus 2009 con Torrontés, Treixadura, Albariño e Godello (DO Ribeiro), o Pazo da Bouciña Albariño 20010 (DO Rías Baixas), o Altares de Postmarcos Albariño 2008 (IXP Viño da Terra Barbanza-Iria), Pingadelo Godello 2010 (DO Valdeorras), Souto do Rei 2009 con Godello, Treixadura e Albariño (DO Monterrei) e o Alan de Val Pedrazais Godello 2008 con fertementación en barrica (DO Valdeorras).
No 3º día adicado aos tintos se degustou o Pintadoiro Mencía 2008, Val do Frade Mencía 2010 (DO Ribeira Sacra), Ladairo Mencía 2010 (DO Monterrei), Bioca Mencía 2010 (DO Valdeorras) e Ladairo Mencía Barrica 2009 (DO Monterrei). No 3 día se procedeu a facer unha proba teórica e práctica na que s cataron Val de Monxes 2010 Albariño (DO Rías Baixas) e o Viña Cazoga Mencía 2010 (DO Ribeira Sacra).
Entre os asistentes ao curso había, entre homes e mulleres, profesionais da hostelaría, viticultores e algunha persoa que simplesmetne quería iniciarse no coñecemento da técnica de cata, ao final destacaron a calidade dos viños e mesmo sorprendente (como se puido comprobar nos tintos) e quedaron na expectativa de poder repetir a experiencia noutra ocasión vindeira.