Os nosos amigos do Centro de Experimentación e Formación Agroforestal de Guísamo e nomeadamenta por parte de Antonio Meixide (Profesor do CFEA) nos brindan a oportunidade de participar nesta Xornada Técnica onde poderemos coñecer os avances que se teñen feito para incorporar estas dúas xoias á constelación de castes preferentes no noso país. A Branca Lexítima xa non é tan descoñecida e podería ser considerada a raiña das brancas nas nosas bisbarras do norte como tamén acontece no Barbanza (onde se lle chama Raposo) ou en Negueira de Muñiz (que linda con Asturias na que esta caste chaman Albarín); Sobre a Agudello dicir que é unha caste que desde hai moitos anos leva no nos país para quedarse definitivamente e que pertence ao complexo ampelográfico da Chenin Blanc (famosa sobre todo no Loira francés) e que conforman finalmente un binomio de potencial e e interese.

Poden consultar o programa no seguinte enlace:Folleto Xornada Viticultura Guísamo
Folla de inscripción en doc:solicitude XORNADA Guísamo
Tamén poden anotarse na páxina web do CFEA de Guísamo
