Xornada da UNED: O Duque de Láncaster: Inglaterra e o comercio do Ribeiro

Os vindeiros días 28 a 30 de xuño o Centro UNED de Ourense, coa coordinación do Profesor Luís Gulín, organiza na Casa da Cultura de Ribadavia o curso: O Duque de Lancaster: Inglaterra e o viño do Ribeiro. Os obxectivos son ver o contexto histórico Ribeiro-Inglaterra, as relacións comerciais históricas e actuais, e o contexto socioturístico de Galicia co turismo británico. O curso ten unha carga lectiva de 20 horas e está homologado pola S.X de Turismo para os guías turísticos de Galicia.

Descarregar o programa e boletín de inscrición triptico_galego_lancaster[1]

Estas xornadas tratan un tema fundamental na nosa historia vitícola como foi o auxe do Ribeiro na Alta Idade Media e que tivo o seu cumio nos séculos XVI e XVII. Un episodio chave para enteder este proceso foi a intervención de Xoán de Gante, Dúque de Láncaster, na súa tentativa de ser Rei de Galiza e Castela alá polo ano 1386, ao final a súa estadía non pasou dun fito máis do conflicto máis grande que foi a Guerra dos Cen Anos, de todos xeitos a pegada marcou influencia no que aconteceu despois, hai un artigo de Xosé Manuel González Vilas (membro da AGV ) que fala un pouco do que foi o auxe e declive do Ribeiro no mercado inglés.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter