A emoción dos viños

Ana Delía de Algueira e Pedro de Forjas del Salnés

Nunha das antigas capitais do antergo Reino de Galiza nos esperaba o escenario en formato show-room medieval, desde logo as cinco horas que tiñamos para ollar, ter unha conversa, degustar, cometar e voltar noutro viño, noutra terra, con outras paixons, finalmente non eran moitas as cinco horas, e todo co traballo da Asociación Galega de Sumilleres e a Viñoteca García. A calor abante non puideron coa frescura das pedras do claustro da Catedral, e nisto que nos atopamos con Gerardo Méndez que tiña na mesa o Albariño do Ferreiro, boa entrada, a temperatura xusta e conversando co actual vicepresidente do Consello Regulador de Rías Baixas, seguindo en branco nos atopamos cun californiano afincado no Salnés, o Todd Bloomberg….viticultor, elaborador e boa conversa, de feito trouxo unha botella Jeroboam! de tres litros para disfrutar dun Albariño Benito Santos 2007 que aínda non saiu ao mercado! Este viño ten na súa etiqueta en latin “Congruenter naturae vivere” que significa vivir en conxunto coa natureza. o Todd non quere etiquetas e adxetivos no seu viño, só o que a natureza poida expresar.. traballa con adubos a base de hidratar algas para unha cantidade moi pequena e pouco máis para a terra, este colleiteiro con aires de “bon vivant” seguira dando que falar.

Roberto Rivas con Gerardo e seu Albariño do Ferreiro
Todd Bloomberg e o Benito Santos Albariño 2007

No camiño nos atopamos cun branco Dão Quinta de Saes do Alvaro de Castro, foi que deu unha conferencia na maña, e que infelizmente non puidemos asistir, o viño foi unha boa experiencia. Seguimos e atopamos con Pedro Rodríguez da Adega Guímaro de Sober, desde o corazón de Amandi leva viños por moitos dos mercados emerxentes, o ten moi ben traballado e así probamos o gbg 2009 con godello, dona branca e treixadura, redondo e amplo, seguiriamos a conversa cos tintos na seguinte volta, e dimos con Pedro de Forjas del Salnés que igual que o anterior Pedro de Guímaro están orientados polo afamado Raúl Pérez, un enólogo berciano dos que marcan tendencias, así probamos a serie dos Leirana 2010 e Leirana 2009 barrica, o Goliardo Caiño tinto quedaría para outra ocasión, ao carón estaba Lourdes de Adegas Almuiña co seu peculiar Triskel Ovo 2009, ven o nome a forma dun depósito en formigón traído expresamente da Borgoña, custou un pastón en palabras de Lourdes, máis había outra surpresa un monovarietal de Treixadura, Triskel Treixadura 2010 e que anuncia novos a esta caste un pouco agachada nas ribeiras do Condado, non destonaba co outro monovarietal Triskel Albariño.

Lourdes co Triskel Ovo e Treixadura
Rafael Palacios e seu Louro do Bolo

E seguindo estaba un cordial Manuel Areal, enólogo galego que traballa nunha adega do Douro Quinta do Vale da Perdiz Cistus 2010 branco reserva, goloso e con volume, ave rara en terra de  tintos e portos, partillando a mesa estaba Pedro Miravelles de Pazo Casanova coas sús combinacións 2010 de treixadura-godello e o Pazo Casanova Máxima de godello-treixadura, ante todo podas curtas e rendementos limitados a pouco máis de 4.000 botellas por ha.E penso que cando atopamos a Javier Monsalve, viñateiro do Ribeiro, decidimos darnos unha pausa nun café da capital tudense, e a pausa foi necesaria para reflexionar e pensar no que se experimentou…na volta rematamos os brancos na mesa de Rafael Palacios, atento ás visitas nos falou do seu Louro do Bolo 2010, braco seco con crianza, máis ben das terras onde aniñan as cepas, terras duras e pouco fondas e na que se ten que xogar co stress da sequeira e a clorose como un factor determinante, Rafael comentou a necesidade que tiveron de adubar cunha mestura moi ben estudiada a base ovella e vaca e aplicada de forma en que se puidara rebaixar o pH do solo e permitir unha infiltración mellor da auga e por tanto favorecer as condición en fondura..non foi fácil, e a raiña é o godello que a 700 m equilibra na vendima todas as dificultades do terroir. Tamén houbo que estudiar a combinación de depósitos de madeira e aceiro así como a propia conservación das barricas de madeira..podemos ter o apelido Palacios pero hai que curralo..o viño elegante e carnoso..quedamos no compromiso de visitar esas terras estresantes con botas nos pés como así nolo preveniu Rafael.

Pazo Casanova, Cistus e Manuel Areal

E deixamos os brancos, sen dúbida o que non se puido degustar foi moito, pero había que escoller. Coa andaina de tintos comezamos Luis Anxo Rodríguez e o Torna dos Pasás 2003, viño que tiven a sorte de experimentar hai anos así como as seguintes anadas, outra cousa certamente. Pasamos a Xosé Lois Sebio da Adega María Serrano, máis coñecido polo seu emblemático Coto de Gomariz, e así probamos o Abadía de Gomaríz 2008 e despois un viño particular do Sebio o Hush 2009 de cepas vellas, falamos dos proxectos que tiña ne mente a adega así como as dificultades para dominar ladeiras limitantes, esa era un pouco o fío dos elaboradores presentes, o traballo no límite e con risco. Voltamos ao Pedro de Guímaro coas xoias de Guímaro co Guímaro B2M elaborado en barricas tronco cónicas e co cangallo dentro, uvas pisadas realmente e sobre 50 dias na barrica e 12-14 días en barrica, e finalmente o tan alcumado Pecado 2009 viños que transmiten a sequeira das muras sobre o Sil, sempre coa mínima frescura que nos permite a nosa situación de atlántica.

Pedro co Guímaro e Pecado
José María Prieto co Régoa
Fernando Ribeiro co Algueira

Seguimos con José María Prieto Fernández co Régoa que deriva de Régula, regra, viños tamén de Amandi, había varios no lugar, con esta quentura de carácter que se intue na copa, de certo un Régoa TN 2007 con Mencía e 10% de Albarello que experimentamos aínda pedia tal vez algún ano máis, algo impensable nas nosas elaboracións hai anos. E xa case na despedida, agora si que no daba para máis as nosas emocións, rematamos con Ana Delia e Fernando Ribeiro de Algueira cos seus Algueira 2007, o (2008 en adiante fermentado co raspón) e o pizarra 2009, e o merenzao 2008. Fernando nos falou do viño en carballo galego que vai presenter no Centro do Viño de de Monforte, esta adega segue na boa ringleira de traballo e intelixencia. Como dicíamos, había que escoller, e outros/as elaboradores de sona como Jose Luís Mateo e os seus Quinta da Muradella e outros e outras máis. Precisariamos varios dias para acometer unha aproximación seria, pero era o que prometía o acto, emocións. E agradecer o esforzo de organización de Antonio Portela e Marina García por seguir confiando no traballo da nosa terra.

Desde a esquerda Javier Monsalve, Antonio Portela, Roberto e Marina García
E un que quedou con sede

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter