Acto Público: Inauguración da Sede Social da AGV

Covidamos a todos os nosos asociados/as e amigos para que poidan asistir ao acto público coa oportunidade de inaugurar a Sede Social da AGV e local da FRUGA , que apartires de agora podera atender mellor as cada vez máis esixencias do sector vitivinícola. Faremos un acto especial coa asistencia de Antonio Portela, autor do Blog do Viticólogo dos Bagos Viticólogo dos Bagos e colaborador no Xornal Dixital  A Nosa Terra, tamén é Vicepresidente da Asociación Galega de Sumilleres. Tamén contaremos con Nemesio Barxa, prestixioso xurista que foi proposto polo Parlamento de Galiza para formar parte do Tribunal Constitucional e que exerce actualmente de Presidente da Irmandade dos Vinhos Galegos . Estas dúas persoas falarán sobre o momento actual dos nosos viños, desde a perspectiva da anterga tradición, a súa forte reemerxencia dos últimos anos e o que pode acontecer para ter en conta. Tras a charla se procederá a servir unha selección de viños. Comentar que tamén terá lugar neste fín de semana a 48º Feira do Viño do Ribeiro, que por suposto encamiñaremos a participar a todolos asistentes.

Como chegar

Desde a sáida do km 252 da Autovía A-52 en Ribadavia se acede a unha rotonda e se sairá onde pon Cenlle San Andrés, para despois seguir por ela direta ata chegar ao propio pobo de Santo André e ver no alto a Rectoral que se acede por un acceso indicado a mán direita.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter