Andrea Ayala Flores, Licenciada en Historia e estudios de doutoramento na Universidade de Santiago sobre Galiza e América nos achega o que se tratou e falou nas Xornadas organizadas recentemente pola UNED en Ribadavia sobre aspectos históricos do comercio do viño no Ribeiro, e nomeadamente o que pode influír no achegamento ao mercado británico que moito tempo atrás fora dinamizador da comarca do Ribeiro.
En Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro, entre o 28 e 30 de xuño deste ano tivo lugar o curso de extensión universitaria da UNED sobre o Duque de Lancaster e o viño do Ribeiro, constituíu unha interesante experiencia a través da cal sóubose consolidar, unha vez mais, a historia coa cultura do viño e a súa xente, parámetros necesarios dentro do que se entende como enoturismo.
Contouse coas intervencións de varios especialistas entre os que podemos mencionar o medievalista, Dr. Anselmo López Carreira, quen falou sobre a intervención do duque Lancaster no século XIV facendo incapé na invasión e saqueo de Ribadavia asé como a resistencia popular, aclarando varias lendas, entre éstas o número de xudeos que participaron na dita resistencia e se houbo ou non unha xudería na vila.
Por outra banda, o profesor portugués Dr. Amando Jorge Morais Barros abordou as Relacións marítimas e comerciais entre Galicia e o norte de Portugal na idade media e a moderna destacando a importancia dos mercados rexionais e interrexionais así como os portos
E como complemento ás ditas exposicións, e xa adentrándonos no mundo do viño, a Dra. Ana Rivera Medina da UNED, introdúxonos no tema “Do bancal ó mercado: o viño de Ribadavia na baixa idade media e primeira idade moderna”. Partindo dun análise histórico sobre a “guerra dos cen anos”, tratou os intereses económicos ingleses sobre portos galegos para abastecerse de productos como viño. Máis adiante abordou as características das explotacións vitivinícolas a partir do estudo do foro de Ribadavia de 1164. Tamén das ordenanzas de 1579 nas que incidíu en aspectos que hoxe en día tamén se abordan como a importancia do cuidado da calidade do viño, pois xa daquela pedíase que só se venderá viño que fora producido dentro do antigo territorio municipal, que non se mixture o viño da xurisdicción con outro de fora. Así como que as pesas e medidas relativas o viño sexan custodiadas polos consellos para evitar que se vendera viño con medidas fraudulentas.
Outro tema foi a xestión das tabernas, rexentadas xeralmente por mulleres. A lei indicaba a necesidade de manter limpas as ditas tabernas e a vaixela. Que non se misture o viño bó co malo, baixo pena de pago de 1.000 maravedíes, ase coma que cando se estableza un prezo para o viño dunha cuba debe manterse ata que se acabe. Outros actores importantes tamén foron os arrieiros, moitos deles viñan de lonxe para recoller o viño e trasladar ós portos, tamén explicounos o fraude destes arrieiros que introducían viño de fora, como o de Aragón provocando a inestabilidade no mercado.
E para outorgar mais amplitude á temática, a Dra. Elisa Ferreira Priegue tratou o tema de “Galicia no comercio marítimo medieval”. Falounos da estrutura dos mercados rexionais e de exportación, neste senso sinala a importancia de Santiago de Compostela como un dos núcleos ós que contribuía a característica de ser a meta do camiño de Santiago da ruta xacobea. Pois en ano santo chegaban ós portos gallegos 100 barcos e 25 en anos correntes, e que cada barco traía unha media de 150 peregrinos, asé como productos de variada procedencia. Nesta cidade indicounos que había moitos mercaderes que daquela coñecían a ruta desde Lisboa a Flandes.
Con respecto ó mercado do viño, recalcou que o viño de exportación era O Ribeiro por excelencia, tan coñecido era que moitas veces intentábase introducir ó mercado outros viños con esta denominación. Tamén que co tempo, por culpa da demanda, comezaron a plantarse cepas noutras zonas de Galicia como norte de Lugo ou en Betanzos. Tamén que foi importante o consumo interno no que eran coñecidos os viños de Amandi que non sairon o comercio exterior. Ademais que os viños de Monterrei eran destinados para o consumo en Pontevedra. Estos vinos eran levados polos arrieiros, que cando chegaban ó destino, eles mercaban peixe salado para ser vendido nas vilas do interior.
E logo, asistimos a unha mesa redonda sobre o viño do Ribeiro no Reino Unido, na que estaban convidados a directora de exportación de “Ribeiros do Avia” Inma Pazos, o representante do Consello Regulador do Ribeiro, e Luis Paadín da Asociación Galega de Catadores, para na tarde participar dunha visita guiada pola ruta do viño Ribeiro por Arnoia, Cortegada e Castrelo do Miño, na que tuvimos a oportunidade de visitar varias adegas, e degustar os seus viños, como “Mauro Estevez” e “Eloi Lorenzo” en Arnoia, “María Andrea” en Castrelo de Miño e “Muñiz Hermida” no balneario de Cortegada.
A xornada final, estivo adicada a presentación por técnicos, das rutas do viño do Ribeiro, Rías Baixas e Ribeira Sacra, para despois asistir a varias exposicións relacionadas coa presenza do turista británico en Galiza e o que busca este tipo de turista. Nesta última participaron veciños da comarca do Ribeiro de procedencia inglesa, quenes ademáis introduciron aspectos culturais e as diferencias e coincidencias coa cultura galega.
Como conclusión, temos que dicir, que foi un curso intensivo e bastante completo tanto pola temática abordada como polos contidos, e o material entregado a cada participante. Temos que agradecer este tipo de iniciativas para Ribadavia ós organizadores do curso, en especial a Luis Gulín da UNED, quen fixo que todo sexa perfecto.