Un Día de Campo na Região dos Vinhos Verdes

O numeroso público asistindo ao Día de Campo da EVAG

Chegando con Antonio Álvarez Suárez (experimentado viticultor das Rías Baixas con máis de 30 anos de andaina e que xestiona máis de 40 has de viñedo nos concellos de Crecente e Arbo, actualmente vocal do Consello Regulador Rías Baixas ) ás 10:00 horas do día 8 de xullo nos atopamos con autocares que ian e viñan para deixar viñateiros/as da amplísima Rexión dos Vinhos Verdes (o que ocuparía  ben toda a Provincia de Pontevedra) e que desbordou as previsións da propia EVAG, que en palabras do Enxeñeiro Gonçalo Magalhães “tíñamos pensado non máis de 400 e son muitísimos máis), o que índica ás claras as ganas que aínda hai no sector por acadar coñecementos sobre o sector.

Antonio Álvarez conversando con viticultores; uvas pintadas a 8 de xullo; sistemas de formación en cordón alto con varetas; Antonio ollantdo para unha cepa de Loureiro

A organización estableceu grupos de 40 persoas que tiñan que seguir un percurso sinalado con varios temas; herbicidas en liña, funxicidas, insecticidas, adubos foliares e finalmente maquinaria. Desde logo a propia EVAG impresiona coas súas máis de 60 Has en que hai grandes plantacións de viñedo con diversos sistemas de formación como o dobre guyot, cordon, silvoz, liz, etc.  Semella con todo que a dirección técnica vai encamiñada á sistemas con mecanización integral con amplas gavias para o paso de máquinas e tamén a realización das numerosas operacións en verde, as variedades maioritarias eran nas brancas o Loureiro e albariño e nas tintas a o Vinhão (o noso Sousón), entre outras moitas.

Herbicidas

A primeira estación foi os ensaios sobre herbicidas en liña coa tendencia de aplicar “o mínimo posible”, desde as aplicacións de herbicidas de contacto non residuais (como o glyfosato) a formulacións máis fortes con materias activas residuais que actúan durante máis tempo como a tertibulazina (3 meses) polo que bastaría unha aplicación.

Explicación do ensaio con herbicidas en liña
Explicando o ensaio e efectos dos herbicidas nas liñas de videiras

A igual que na xornada de Guísamo se esta incidindo en aplicación puntuais e na liña das cepas, como se pode apreciar nas fotos os efectos son claros, tamén se pode observar a “aparición de musgo ou de plantas  como a hedra”, o que pode amosar síntomas nos cambios no longo prazo pola aplicación destas materias, en palabras de Antonio Álvarez. Iste é un punto interesante de discusión, onde podemos conciliar calidade, rendabilidade e sostenibilidade. Antonio usa ovellas e mecanización con mao de obra para controlar a herba, isto ten que ser remunerado e aguantar moitos anos coas vides, é moito máis caro.

Funxicidas

Na seguinte estación se explicou un ensaio con diversas materias para control de doenzas, o mildeu e o odio, o técnico da SAPEC comentou que este ano os riscos foran mínimos, aínda así foron precisados 7 tratamentos que se guiaban polos estadíos fenolóxicos da planta e as condicións ambientais (choivas, humedade e calor), de feito este ano nen foi preciso tratar contra excoriose (doenza da madeira) pola sequeira xeralizada no momento da agromada. Tamén se anotou que os tratamentos tiñan que conciliar as limitación das dispoñibilidade do persoal da EVAG.

 

Calendario de tratamentos contra mildeu e oidio no ensaio

Entre  o público asistente se preguntou polo black rot, andazo que preocupa polas nosas ribeiras, e que semella que nas condicións da Rexión dos Vinhos Verdes aínda non prospera moito.

Asistindo á explicación sobre os funxicidas

 

Insecticidas

Nesta parada o enxeñeiro da SAPEC falou da utilzación de dous productos para control de traza (avelaiña dos acios ou barrenillo que chamamos nos), o mosqutio verde (os portugueses chaman cigarrinha) e as cochinillas,  e que no ensaio feito houbo dúas aplicacións. Na Galiza a avelaiña (Lobesia botrana) si que supón un problema pola posibilidade de abrir feridas nos bagos e na algura da maduración ser o inóculo perfecto para a botrite.

Ensaio dos insecticidas

Adubos foliares

Aqui nos apareceu un comercial con experiencia como viticultor durante 20 anos e que falou das necesidades nutricionais en periodos críticos, en especial fixo fincapé en conquerir acios máis homexeneos  e sen bagoinha (uvas moi pequenas polo deficiente callado trás a purga). Salientaron o papel do calcio, boro, magnesio e manganeso, tamén houbo recomendacións de preparados a base de algas. Outras das cousas que se comentaron foi a relación entre adubación foliar nutricional e o estado de defensa sanitaria da planta, este aspecto o recollemos nun artigo do Boletín nº1 da AGV.

Calendarios de aplicación de fitonutrintes foliares

Logo das explicación sobre os productos agroquímicos houbo unha demostración do traballo de máquinas como a despuntadora suspendida e o uso de sulfatadoras-atomizadoras con ventilador e aplicación de precisión (que evita a deriva e aforra producto). Lóxicamente maquinas adaptadas para grandes extensións mecanizables. Tamén había unha exposición doutras máquinas, tractores e apeiros como unha interesante adubadora en profundidade para deitar a certa fondura adubos.

Despuntadora, atomizador ventilador, atomizador de precisión e adubadora en profundidade con reixa

Con todo o que máis chamou a Antonio foi a experimentación con sistemas de formación  como o liz ou os cordóns  altos  (podas intermedis con varetas de 2-4 ollos), todas as formaciónn  poden ser consultadas no seguinte documento da EVAG Sistemas de formación de videiras na EVAG.

De feito o sistema Liz combina unha cortina ascendente superior e outra inferior, na liña de estructuras que soportan plantas con moito vigor e así distribuir a producción de xeito máis ordenada e con acceso á luminosidade exterior para amortecer a presión de doenzas e mellorar a maduración.

Videiras en sistema Liz

Tamén se obervou albariño con dobre guyot en varas moi longas e arqueadas de máis de 8 ollos e con apoio da rega localizada a pinta. E que acontece co cambio climático?, xa se observaron uvas pintadas desde hai dias na EVAG, no fin de semana pasado xa se comentou que no Ribeiro apareceran os primeiros bagos pintados (no 2 de xullo!), isto nunca acontecera desde que se recorde.

Albariño a dobre guyot

E ao final tivemos que marchar vendo como os asistentes tiveron que dosificar un porco espetado para tomar un bocado. Despedímonos do Enxeñeiro Gonçalo Magalhães  e o Director da EVAG João Garrido e no ánimo de voltar a algunha xornada que organien así como convite qeu nos trasladaron para visitar a sede da Comissão de Viticultura da Região dos Vinhos Verdes que esta situada no Porto.

Antonio Álvarez co Enxeñeiro Gonçalo Magalhães


 

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter