XIX Feira do Viño do Rosal. Cronica da Xornada Técnica e Inauguración.

E foi xa a XIX Feira do Rosal, posiblemente un dos máis elegantes eventos vínicos do país, onde se conxuga de xeito harmonioso o atractivo do lugar, o momento escollido e a oferta de viños e gastronomía desta terra miñota e atlántica. Por segunda vez a AGV organiza a Xornada Técnica que da inicio ás actividades da Feira e así a presentaron Jorge Cardoso por parte da AGV e Jesús María Fernández, Alcalde de O Rosal. Os temas tocados foron a Ruta dos Viños de Rías Baixas e as Enfermidades da Madeira na Vide.

O Alcalde do Rosal en primeiro termo con Jorge Cardoso (centro) e Ramón Burdeos

Iniciou Ramón Burdeos  cunha explicación sobre o papel da Ruta dos Viños de Rías Baixas desde o que supón dar significado propio ao concepto do enoturismo como algo que evoluciona con certa autonomía do máis amplio do asentado turismo gastronómico das Rías Baixas (marisco, albariño e praia). Esta evolución consegue visionar o que unha persoa interesada no mundo do viño pode ver: ambiente social entorno un producto cotizado e atratctivo e isto implica paisaxe de viñedos e adegas, visitas e aloxamento, festas gastronómicas, atractivo da cultura, etc.

A evolución sinalada non é tamén consecucia dos cambios no tipo de visitante, antes máis pasivo ás ofertas e agora máis proactivo no estudio e selección dos destinos, quere saber en difinitiva. Este turismo «acesible» é o que procura artellar desde a Ruta dos Viños de Rías Baixas, que funciona formalemente desde o ano 96 (pioneira no contexto peninsular) co apoio das diferentes institucións públicas (Xunta, MARM, Deputación, Concellos) e a cada vez máis importante aportación dos socios privados (adegas, hostelería, empresas turísticas, etc.).

En  palabras de Ramón o que un visitante prioriza agora independentemente do lugar de destino  é  o prezo, trato e entorno, neste orde. Os datos amosan que nas Rías Baixas  o montante maior do gasto esta na gasronomía e o marisco como elemento central,  de certo é que Galiza esta asociada á idea de «comer e beber» e a xente marcha contenta para voltar noutra ocasión.  A Ruta se organiza nas diferentes subzonas da DO Rías Baixas así como noutros escenarios como o Camiño de Santiago, inclúe aparte das administración públicas a 81 empresas, 43 adegas, 2 destilerías, 20 lugares de aloxamento e 12 restaurantes. A Ruta dos Viños de Rías Baixas forma parte desde o 2006 das denominadas «Rutas del Vino de España» xunto a outras zonas como Jumilla, Mancha, Penedés, Montilla Moriles, etc. A través dun proxecto INTERREG hai unha colaboración coas Rutas do Viño galegas e dos Vinhos Verdes de Portugal. Finalmente Ramón Burdeos constataou a tendencia no alza no iterés específico do atractivo do viño, o enoturista resulta cada vez máis unha persoa que proba o viño no seu lugar de residencia e despois quere visitar o territorio dos viñedos.

Público asistente e Ramón Burdeos durante a charla

Podedes ollar a presentación completa de Ramón Burdeos: Descarregar en pdf.

 

 

 

Logo continuou Luis Carlos Mateo, Agrónomo e Técnico de BASF,  coa charla sobre “Doenzas da Madeira”.  Carlos Mateo fixo un sumarísimo repaso á moi ampla gama de doenzas de diferentes orixe e que é a consecuencia dunha monumental tese doutoral que esta a realizar na “Universidad de la Rioja”. Citou moitas doenzas, desde as coñecidas como a Iesca ou Excoriose ata outras algo inéditas entre nos como a Diplodia ou o Black-Foot.

Comezou Carlos Mateo coas doenzas ocasionadas por fungos aereos como a Excoriose, Alternaria, Doenza de Petri, Black-foot, Eutipa, Iesca, Alternose e Diplodia; As ocasionadas por fungos soterrados como Armillaria, Podremia Radicular, Verticilose, Roselinia, Podremia do pescozo da raíz, etc. ; As ocasionadas por bacterias como Agalla, Tuberculose, Doenza de Pierce, Flavescencia dourada, etc. ; E finalmente as víricas como Entrenó curto, Virus do Tabaco, Virus do Tomate, Virus do Mosaico, etc.

Luís Carlos Mateo

O que si deixou moi claro Carlos Mateo que ante unha tendencia crecente no aparición e coñecemento de sintomatoloxías diversas no eido destas doenzas hai unha dificultade extrema en atopar terapias de control e curación como nos ataques clásicos como o mildeu ou ou oidio. Nestes casos o que cumpre é facer unha prevención, podemos nalgún caso atopar algún control químico que pare o avance da doenza, e depende do caso. Apuntaronse as seguintes indicacións: Non podar con choiva que impida os inoculos de infección; Queimar madeira afectada por doenzas; E sulfatar despois da vendima, para aproveitar o fluxo de reservas que migran das partes verdes á madeira antes da invernía e que favorece a acción traslaminar dalgunha materia activa.

Outro dos problemas a ter en conta é tamén conseguir unha diagnose certa, xa que as sintomatoloxías poden ligar a diferentes axentes causais, de certo na Iesca ou Eutipa estamos falando máis dunha síndrome ocasionada por un complexo variado de fungos, hai que recurrir ao PCR (Reacción encadeada pola enzima polimerasa) para identificar cal é o fungo. E mesmo sabendo iso non sabemos en que grado de amplitude e intensidade esta progresando unha doenza. A profilaxe é fundamental, debemos aprender a convivir con algunha destas doenzas e mesmo aproveitar algun producto que pode ser eficaz en paliar e estabilizar unha viña, tamén estan os factores de stress como a extrema sequeira ou o exceso de auga e por tanto a falla de osíxeno, neste caso cunha boa pasada de subsolador ou chisel despois da vendima sería suficiente.

Ante a amplitude da temática temos a previsión de colgar un resumo da explicación de Carlos Mateo próximamente nesta páxina.

Temos un video da TVG onde se pode ver un resumo da Xornada,  Ver Video. Avanzar ata o minuto 55.

Despois do xantar en Lagar de Eiras houbo a inauguración no recinto da Praza do Calvario onde numrosísimas autoridades e discuros deron inicio ao evento, asistiron unha delegación de importadores do Brasil. A asistencia de público respondeu as expectativas e o clima ambiental como musical e eno-gastronómico fixeron que os asistentes permaneceran ata moi avanzado na madrugada.

Na foto superior Roberto Rivas con Luís Carlos Mateo e abaixo Jorge Cardoso coa Alcaldesa de Tomiño e unha botella do Rosal Señorío da Torre
Xa na Feira. Botella do Lagar de Pedregales. Detalle da Inauguración e coa maridaxe de empanada a fondo.
A Feira na noite e enbaixo Arturo Conde da Adega Aldea de Abaixo con Mercedes González, Presidenta da Asociación Gallaecia de Sumilleres. Unha esforzada traballadora abrindo máis botellas.

 

E ata a seguinte que será a XX, xa nos vemos en Rubiós coa VI Festa dos Tintos de Rías Baixas.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter