VI Festa do Tinto de Rías Baixas

Temos outra edición da Festa dos  Viños Tintos de Rías Baixas, inicialmente a Festa estaba adicada aos viños da Parroquia de Rubiós, daquela había poucas marcas da DO con viños tintos, agora a cousa cambia e xa hai cada ano máis elaboracións. Esta festa esta organizada polo Concello de As Neves aínda que hai que salientar a importante iniciativa dos viticultores/as de Rubiós e especialmente ás actuacións cooperativas e empresariais que lidera Antonio Méndez e que permiten situar no mapa vitivinícola a este cantiño miñoto.

Podesdes descarregar o programa en pdf.

Unha vista da festa e Antonio Méndez en primeiro plano
Unha vista da festa e Antonio Méndez en primeiro plano

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter