E onde arredemo queda Mandín?, pois alá na Raia Seca pasando Verín en dirección Portugal antes de chegar á Fronteira (ver o mapa), a festa aínda que é de Mandín tamén abranxe aos habitantes de Feces de Cima e de Abaixo, Vilareho da Raia, Lama de Arcos, Vila Meã e Vila de Frade, a raia deixa de ser tal, e xurde outra Andorra, e semellanza do noso Couto Mixto, e temos a Xico como un dos seus embaixadores plenipotenciarios máis recoñecidos polo mundo e parte do estranxeiro.
A festa das adegas en Mandín, celebrase todos os anos, o sábado anterior a o 15 de agosto. Faise un percorrido por as adegas do pobo, sempre acompañados de un remolque con viandas para axudar a que o viño baixe mellor, e que suba despacio.
O percorrido faise moi ameno, posto que entre adega e adega, tes tempo para botar unha parrafada con vellos amigos, ou si o prefieres un baile ao son dos gaiteiros. Ademais da comida que levan no percorrido, en todas as adegas poñenche un aperitivo para acompañar a degustación do seu viño. A xente de Mandín e moi hospitalaria, polo que dende o primeiro intre, fante sentir un mais do pobo.












