Novidades na información agrometereolóxica

Ramón Xesús Lamelo Otero

Na Xornada Técnica da Festa do Albariño o Xefe do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, Ramón Jesús Lamelo Otero, anunciou os cambios introducidos na asistencia aos agricultores/as no que respecta aos partes fitopatolóxicos e as alertas metereolóxicas como poden ser as choivas na vendima. Desde o ano 2010 hai un convenio con Meteogalicia coa rede de 60 estacións agrometereolóxicas que se unifican para dar unha información que integre previsión do tempo e incidencias sanitarias nos cultivos. Agora tamén se pode un “suscribir” aos partes fitopatolóxicos que ata agora mandaban por e-mail de xeito períodico, e que aparte das incidencias do tempo se suman os datos que aportan a rede de observadores e agrupacións de defensa vexetal, ADF.

O enlace vai estar na nosa web no apartado de ligazóns,

http://mediorural.xunta.es/areas/agricultura/rede_de_avisos/avisos_fitosanitarios/

Para máis información descargar 11.07.29 Novo servizo de información agrometeoroloxica e de avisos fitopatolóxicos

Tamén queremos facernos eco dos despedimentos de traballadores/as no servizo Meteogalicia e que xa foi denunciado por organizacións sindicais como a CIG e recollido por diversos medios de comunicación, entendemos que no agro galego, e en especial a nosa viticultura deben contar co apoio potente do que supón un servizo de información agrometereolóxica eficaz, a pesares das melloras anunciadas pola Consellería do Medio Rural non podemos deixar de ser críticos con recortes en liñas básicas de apoio aos sectores productivos nosos, podemos por exemplo da vitivinicultura galega que factura máis de 150 millóns de euros anuais, pensamos que así non se asegura plenamente a protección dos intereses do sector.

Nota da CIG sobre os despedimentos en Meteogalicia

Nota de Galicia Confidencial: Meteo Galicia baixo mínimos

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter