A AGV na LIX Festa do Albariño de Cambados

Por arriba desde a esquerda servindo o viño da adega Martínez Serantes, Roberto Rivas (Adega Moraima) e Jorge Cardoso (Adega Aldea de Abaixo). Abaixo acto de entrega das distincións no domingo, Xermán Marinez levando o 1º premio ao mellor Albariño e un pelegrín esperando se o serven.

E foi a LIX Festa do Albariño, a adicada a Alvaro Cunqueiro, a que premiou á Pazo da Bouciña de Arousana de Bebidas, adega asociada a AGV, e distinguiu a Rosa Míguez, Roseta, tamén socia da AGV como Xóven Albariñesa e taména Xavier Castro como folla de plata, polo seu incasable labor de historiar a cultura do viño na Galiza, e tamén aos técnicos Diego García (Coop. Rosalía de Castro), Miguel Tubio (Martín Codax) e Alberto Barral (Condes de Albarei), e nos distinguiriamos especialmente o traballo do Consello Regulador ao que hai que cumprimentar pola novidade do Túnel do Viño, da que fixo unha moi boa crónica o noso amigo Antonio Portela no seu blog Viticólogo dos Bagos, tamén dar os parabéns pola distinción comno Albariñeses/as de Honra a Mercedes González por parte de Gallaecia e Marina García da AGASU, polo seu traballo infatigable por colocar os nosos viños entre a xente e que así os entendan e sobre todo que os beban.

Pois como comentabamos Pazo da Bouciña levou o 1ª premio, un premio a unha esforzada adega do Salnés, Arousa de Bebidas, situada á carón do Pazo Baion en Vilanova de Arousa. Constituída en 1999, coa primeira colleita no 2000, actualmente xestiona máis de 22 has divididas en moitas parcelas e das que seleccionan a mellor uva con equilibrio de grado, acidez e pH para o mosto xema con que se elabora Pazo da Bouciña, case todos o viñedos están en parral alto, a adega saca 100.000 botellas ao ano nas que tamén elaboran a marca Valdemonxes…xa tiveran distinción en Acios de plata e bronce da Cata dos Viños Galegos e algún Baco, transmitir a nosa noraboa a Germán Martínez Novo o seu administrador e Lino Domínguez Torres o Xerente. Este premio colle a testemuña doutra adega asociada AGV como foi Coto Redondo de As Neves que o ano pasado tamén tivo o 1º premio.

O 1º premio da festa , Pazo da Bouciña. Rosa Míguez, Roseta, distinguida como Xóven Albariñesa. Un pensativo Xavier Castro, Folla de Plata. Unha comensal cunha botella do Albariño Grán Novás. Mercedes González (Asociación Gallaecia), Marina Garćia (de AGASU) e Xosé Lois Sebio (da Adega Coto de Gomariz do Ribeiro). Xerman Martínez (Arousa de Bebidas) e Roberto Rivas (Presidente da AGV).

Sobre Rosa Míguez comentar que é unha técnica que traballa na Adega Terras Gauda no Rosal desde hai 3 anos, previamente estivo na Ribeira Sacra e formouse na prestixiosa Granxa, da cal forma parte da Directiva da Asociación de Técnicos, nos que saiu unha boa fornada de enotécnicos/as con bo desempeño en adegas e bisbarras do país. Xavier Castro  e Doutor en Historia e Profesor da Faculdade de Historía da USC, ten desenvolvido moitos traballos no ámbito da historia cultural galega, onde destaca o tema da alimentación, de feito foi o asesor da producción da serie da TVG ” O mundo de Celavella” o que daba unha explicación do contexto sociocultural da afamada “As Leis de Celavella”. No ano 2010 saiu ao prelo o seu libro “A Rosa do Viño” , unha historia cultural do viño no nos país e da cal a AGV tivo a honra de compartir co autor nunha presentación en Cabo de Cruz (Boiro). Xavier Castro ten organizado ao longo do ano 2010 unha xeira de encontros Viño, Literatura e Música nos que cada vez se adicaba a autores como Rosalía de Castro, Cunqueiro, Pardo Bazán, García Lorca, Hemingway, etc. Algunha adega asociada da AGV puido presentar o viño nos eventos que se realizaban no Lar das Meigas en Compostela, ver un artigo sobre Xavier Castro en Xornal.com.

Unha ollada á Festa. Na caseta de Terra de Asorei. Unha peña de amigos e amigas. Carlos Carrión (Presidente de Coop. Rosalía de Castro, Jorge Cardoso, Jesús Paz e Roberto Rivas. Ensinando o Eidosela Selección (Coop. Eidosela de Arbo). Servindo un Paco & Lola (Coop. Rosalía de Castro).

E o que foi a festa logo da Xornada Técnica é no esperado de muitísima xente ata as tantas con botella acá para alá, e coas peñas de amigos/as coas suas camisolas lexendadas con referencias a Baco e outros tópicos viñateiros..será un adianto do renascer do consumo do viño entre mozos e mozas?, xa veremos, aínda hai moito que currar aparte de facilitar algo o prezo nas rúas de viños, tendo en conta a coxuntura, con todo agrada á vista ver tanto vidro para reciclar, e a esperar pola LX.

Tunel do Viño, obtida de vinogallego.com.
Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario