Na XIV Feira do Viño de Valdeorras

Raquel Vizcaya e Jorge Cardoso (membros da AGV) catando. Vista da Feira.
Xosé Lois García Pando, Presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras. Jorge Cardoso co pregoeiro Juán Francisco Sánchez Arguello.

E outra Feira de Valdeorras, foi, xa é un evento consolidado no quente agosto xunto ao Sil na area recreativa do Aguillón, que aporta un certo airiño como mariñeiro que atempera os rigores torridos. Esta Denominación, a de Valdeorras é a segunda DO galega en constituirse, no ano 57 por orde ministerial, abranxe sobre 1200 has e 8 concellos das cuncas dos ríos Sil e Bibei, a produción do ano 2010 foi de 3.084.793 litros de viño cun valor estimado de 13.974.000 euros.

Nas Presentacións estiveron o Alcalde de A Rúa, o Presidente do Consello Regulador Valdeorras , o Conselleiro do Medio Rural e finalmente o responsable de ler o pregón o  Xornalista Extremeño Juán Francisco Sánchez Arguello , que tamén foi director do treinador de futbol Rafael Bentítez, esta escolla esta encadrada no irmanamento entre as vilas de A Rúa e Almendralejo (Badajoz), de feito o propio pregoeiro nos mandou á AGV o texto recitado en verso PREGON XIV FERIA DO VIÑO VALDEORRAS.

Na Feira coicidimos coa excursión desde A Coruña que oganizou Servino da mao de Luís Paadín co que intercambiamos impresións, tamén estaban na Feira Mercedes Gonález (Presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia) e Antonio Portela (Bloguista e membro de Asociación Galega de Sumilleres), e a nosa primeira visita foi á caseta de ALAN de Val, con Joaquín Sánchez e Manuel Sánchez, Jou, esta adega leva asistindo a todas as edicións salvo unha, e foi premiada coa mención especial a colleitas no Alan de Val Pedrazais Mencía Barrica 2009, unha escolla ao bó facer dos irmaos Sánchez Rodríguez.

Servindo o Menbran de Adega O Casal. Luís Paadín con Joaquín Sánchez de Alan de Val e o premiado Pedrazais Mencía 2009.

Despois paramos na Adega do Casal, composta por 5 socios de Rubiá de Valdeorras, terra singularmente de influencia caliza ao pé da Serra da Lastra, recibiunos o seu Presidente Antonio Fernández Lorenzo e probamo outra novidade impactante, un viño branco elaborado con Mencía!, Luís Paadín matizou que é un “Blanc de Noir”, xa que é se considera unha categoría aparte pola vinosidade que aportan as castes tintas e que despistaría nas catas oficiais, o viño en cuestión se chamaba Menbram, que é composiciòn de Mencía e Branco.

Logo estivemos co amigo Francisco Núñez da Adega A Pinguela (Petín) e que levou adiante unha vella aspiración de traballar con cepas vellas e respeitar o terroir natural das ladeiras sobre o Sil,  iso implica baixos rendementos e coñecer a ecoloxía da vide e o solo onde se asenta, así probamos o Mencía, que levou o 1º premio da Feira, o Garnacha e Godello da marca Ventura.

Logo en compaña de Raquel Vizcaya, viticultora de Chondouro (O Bolo) fumos visitar a adega Chan de Ouro S.L. de Chandouro, onde o seu responsable Juán nos encomendou a visitalos no día 14 de setembro, festa do Cristo de Chandouro, a adega nútrese de cepas novas e vellas de godello e mencía nestas ribeiras do Xares e Bibei.

Logo nos encontramos con Cristina Murga, unha persoeira con moita experiencia acumulada na zona, coa andaina dos viños  Día e Noite e o escumoso Danza, e que agora acomente novos desafíos levando adiante a recuperación dunha viña en Petín e dirixindo a elaboración do Santa Delfina da Adega Roandi SAT que lidera Rogelio Moral, empresario radicado en Suiza e que apostou por volorar as encostas de Entoma no Barco.

Arancha Barros de Virxe de Galir con Raquel Vizcaya. Daniel Vizcaya, Presidente da Cooperativa da Rúaa co Pingadelo Godello. Manuel Fernández, Presidente da Cooperativa do Barco co Menciño. Abaixo Conversando con Juán de Chan de Ouro. Victoriano López, viticultor de Seadur.

Despois seguindo na compaña de Raquel Vizcaya fumos á caseta da Cooperativa Virxe das Viñas de A Rúa, cos seus afamados Pingadelo e Rúa, este último con moita soa recente pola mención especial de Robert Parker, conversamos con Daniel Vizcaya, irmao de Raquel, e con Julio Ricart, responsable da elaboración dos viños, desde logo un bó momento para relanzar proxectos desta veterana cooperativa, hai que lembrar que estas adegas que xurdiron nos anos 60 e fixeron o miragre de vender viño embotellado, isto abriu unha peza importante na valorización dos viños galegos e asi asentar mellores prezos cando outro tipo de cooperativismo se instalou nos graneis, por iso sempre unha débeda con eles e elas, os socios das adegas cooperativas de Valdeorras.

O Bloguista Antonio Portela servíndose un viño diante da ollada de Jou de Alan de Val. Francisco Núñez, Fuco co premiado Ventura.Cristina Murga de Roandi conversando con Raquel Vizcaya,. Rogelio Moral servindo o Santa Delfina.

Finalmente falamos con Jorge Mazaira, Director do Organo de Control dos Viños da Denominación de Orixe de Valdeorras e que nos comomentou novidades e impresións. Finalmente démonos unha volta para visitar as Cooperativas de Larouco e O Barco e xa co recinto da Feira ateigadísimo de visitantes para despedirnos ata outra ocasión.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario