Sobre o terroir: Conversa cos Bourguignon en galego…

O matrimonio de microbioloxistas do solo Claude e Lydia Bourguignon

Apareceu recentemente unha entrevista ao matrimonio composto por Claude e Lydia Bourguignon e que esta en elmundovino.com \”El terruño importa más que el clima\” e no que expresa o pensamento razoado do que é o terroir e como se expresa no viño, e onde tamén se explica por que terra é en certa maneira máis importante que o clima, .

Ofrecemos unha transcripcióndo francés ao galego dunhas conversas de decembro do 2007 moi extensas do matrimonio Bourguignon nun programa de radio sobre temas ambientais con Ruth Stegassy. As conversas tocan diversos e interesantes aspectos sobre o alcumado “terroir” dos franceses e co que descrever o que temos que saber para ter un bo viño. Outras cuestions como as campañas anti alcohol, o quecemento climático, a manipulación dos gustos dos consumidores ,etc. son tamén abordados de xeito particular e controvertido.

Claude e Lydia Bourguinon son un matrimonio de afamados microbiólogos do solo naturais da Borgoña e que despois de pasar polo INRA montaron no ano1989  o LAMS (Laboratorio de Analise Microbiolóxico do Solo) co que se moven por todo o mundo estudando problemas diversos relacionados entre a caldidade das produccions agrícolas e a saude do solo. Adicanse especialmente ao solos de viñedo e teñen traballado sobre o conceito de “terroir” que une solo, clima, caste e xeito de traballar para dar un viño único e particular. Nos anos 80 impactaron o pensamento agroecolóxico co libro “ O solo a terra e os campos” que sigue sendo unha referencia necesaria hoxe en día. Na traducción hai eivas marcadas por ……..un mellor traductor/a as tería evitado certamente, con todo o resultado non disvirtúa o interese do seu contido.

Descargar en pdf entrevista radiofónica a Claude e Lydia Bourguignon (tradución de Xosé Manuel González Vilas). Entrevista aos Bourguignon en galego

Versión orixinal en francés entrevista de radio aos Bourguignon en francés

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

1 comentario en “Sobre o terroir: Conversa cos Bourguignon en galego…

  1. Para tomar nota e ter sempre en conta.
    Graciñas pola traducción e noraboa pola páxina, imprescindibel, para estar ao tanto de todo pero con coñecemento, sentido común, profundidade e galeguidade claro.

    Unha aperta

Deixa un comentario