A AGV apoia o papel do Consello Regulador da DO Rías Baixas no control de rendementos na produción de uva

Ante certo estado de opinión creado, sobre a inconveniencia de por trabas aos aumentos de rendementos que o Consello Regulador pode aprobar cada ano, estado de opinión que non é promovido pola maioría social e empresarial da Denominación de Orixe Rías Baixas, e por iso que a AGV quere manifestar o seguinte:

  • O noso apoio e respaldo ás funcións e papel que desempeña o Consello Regulador, que como tal regula, ou sexa é o garante de preservar a calidade mínima de todas elaboracións que chegan aos consumidores como tamén a de favorecer os mecanismos de control da oferta que permita a protección da sostenibilidade económica das empresas e as rendas dos viticultores/as.
  • A aprobación dun aumento de quilos nos rendementos máximos admitidos e que o Consello Regulador tras acordo plenario pode elevar ata un máximo dun 25% supón unha decisión que debe ser previamente argumentada e razoada entre os diversos integrantes da Denominación. Ou sexa que dita decisión non pode ser unha mera translación das azarosas continxencias biolóxicas e climáticas dun ano determinado, se non que tamén se deben ter en conta a capacidade de conciliar oferta e demanda, ao fin de manter un equilibrio no prezo a percibir polos viticultores/as, que sempre depende da oferta final de viño.
  • A tramitación de expedientes informativos que poidan eventualmente rematar nun proceso sancionador é potestade do Consello Regulador e é ningún caso pode proceder a non facelo, xa que estaría incumprindo un deber no seu funcionamento básico, aparte de ser unha das razóns pola que se crearon xa hai décadas os Consellos Reguladores. A administración pública preceptiva debe ser a que proceda ou non na sanción que se recolle na disposición normativa que se inclúe no Regulamento da Denominación de Rías Baixas, a Lei de Defensa da Calidade Agroalimentaria de Galicia e a “Lei de la Viña y el Viño”.
  • En todo caso a AGV defende como norma o mantemento dos máximos de produción admitidos é que son os 12.000 quilos por Ha, por tanto a excepción non debe ser convertida nunha norma de facto, polo que deben ser propostas iniciativas no ámbito informativo, formativo e técnico para incidir nas causas obxectivas dos aumentos de rendementos detectados nas últimas campañas é así evitar estas situacións de controversia que pouco axudan a boa imaxe pública da Denominación de Rías Baixas. Dicir que para o ano 2010 o montante total de produción fora do admitido supuxo menos do 0,5% do total, o que ao final indica o bo traballo a desenvolver polos mecanismos de auditoría internos.
  • A AGV procederá a realizar reunións informativas con viticultores/as dentro da DO para que se coñezan as consecuencias negativas que para o sector supoñen os excesos de produción.

Asociación Galega de Viticultura

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario