Un estudio sobre as posibilidades da viticultura ecolóxica na Galiza

Xosé Manuel González Vilas

Este estudo do ano 2009 pretendeu ser unha primeira pedra (ou máis ben unha máis) de outras que deben seguir para levar a cabo propostas prácticas na viticultura e vinificación no noso país. A agricultura tradicional orǵánica era un feito hai 50 anos, hoxe quedan poucos e valiosos restos na práctica de xente maior que aínda a utiliza. Xa temos moitos outros labregos que estan pondo en práctica viticultura ecolóxica para a elaboración de viños de calidade, aínda que, como moitos pioneiros nalgo hai falta de sistemización e intercambio de experiencias. Dende este primeiro estudio, a agrandar con experiencias e fontes, están trazadas as liñas maestras do que se considera importante: terroir, solo, luz, trofobiose, etc.

 Dende as raíces da viña na súa intimidade co órgano-mineral do solo e pasando polo metabolismo da cepa que atrapa a luz nas follas deixando un legado que é o viño de calidade. Interveñen os microorganismos e fauna do solo, a luz, auga e os nosos preparados como compost, biofertizantes e fermentacións de plantas medicinais. O solo é valioso e debemos de perturbalo o menos posible con mulching, mínimo laboreo, etc. O concepto de protección vexetal queda obsoleto e quedará ligado a alimentación da planta. Aínda non hai moitas receitas que deben vir nos pŕoximos anos comprobadas nas nosas viñas. A experiencia en outras zonas do mundo indican que é posible practicar viticultura ecolóxica en tódalas condicións posibles, con moita ou pouca choiva, con solos máis ricos ou pobres.

 Hai unha pequena introducción a prácticas que están progresando moito como é o caso da biodinámica que debe porse en experimentación para extraer máis conclusións. Aínda pouco esta feito e escrito, mais a realidade galega en cernes indica que con apoio da Administración e a colaboración e cooperación de colleiteiros/as acelerará moito o que podemos saber.

 Os autores son Susana Lamas Álvarez e Xosé Manuel González Vilas. Susana Lamas é Enxeñeira Agricola con experiencia en viticultura e analise sensorial de viños que desenvolveu na comarca de Monterrei. Xosé Manuel González Vilas, Enxeñeiro Agrónomo, é membro da Asociación Galega de Viticultura.

Descarregar o estudio en pdf: estudio viticultura ecolóxica en pdf

Encontro sobre Viticultura Ecolóxica no Ribeiro
Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario