A AGV apoia un novo Contrato Homologado para as uvas do Ribeiro

A AGV-FRUGA acordo o pasado lúns día 19 de setembro coas demais organizacións agrarias a solicitude por parte da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro unha solicitude de homologación do seu contrato cos proveedores, a homologación daría a creación da Comisión de Seguimento dos contratos asinados ás adegas que se xunten. Tamén se acordou a convocatoria urxente da Mesa do Viño por parte da Consellería do Ḿedio Rural que é a que ten que homologar o contrato de compravenda de uva para Ribeiro na presente e seguintes campañas.

Por parte da AGV estábase detectando casos de moitos viticultores/as aos que se lle di que oprezo das castes autóctonas, en especial a treixadura, que iba ser de un euro aproximadamente e sen grado. Hai que saber que desde o 2006 ata o 2010 tiñamos un contrato homologado no Ribeiroque estipulaba exactamente canto se lle iba pagar a uva en función do grado e estado sanitario.

Desde a campaña 2010 xa non se renovou o contrato homologado como noutra ocasión,
neste caso a Administración da Xunta de Galicia non covocou ás adegas e viticultores/as
para negociar un novo que cubrira esta campaña e as seguintes.

Cos prezoas que adiantou a Cooperativa Vitivinícola e co IVE incluído (10% ) serían os seguintes:

Treixadura  e demáis castes autóctonas (Godello, Loureiro, Albariño, Mencía, Brancellao, Sousón en Ferrón) para o ano 2011
11 grados                           12 grados                           13 grados
1,19 euros                          1,30 euros                          1,55 euros

Para o Torrontés sería
11 grados                            12 grados                           13 grados
0,91  €                                  1,02 €                                  1,27 €

Este ano hai un certo adianto climatolóxico que fai que as uvas entren con boa
graduación e bo estado sanitario, polo que a maioría da uva tería que entrar a 1,30
euros se lle sumamos o IVE.
A AGV “entende” que a Administración da Consellería do Medio Rural debe abandonar o
súa actitude de “total inhibición” cos problemas do sector, xa que se non está pola labor de
sustentar a promoción e certificación dos nosos viños polos Consellos Reguladores, debería cando menos de utilizar as súas importantes atribucións e competencias para ver de xuntar adegas e asociacións de viticultores/as para acordar o prezo da uva.

Reunión con Viticultores no Ribeiro. Godello maduro na vendima.
Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario