A AGV demanda da Consellería do Medio Rural un plan de descualificación do exceso de uva na Denominación de Orixe Rías Baixas

Xoan Antón Allegue e Roberto Rivas. Reunión con viticultores do Salnés.

Roberto Rivas Reboredo, viticultor e membro do Consello Regulador Rías Baixas, e Xoán Antonio Allegue López, viticultor cooperativista do Salnés, ambos dous en representación da Asociación Galega de Viticultura-FRUGA teñen presentado o pasado 15 de setembro a través dun burofax perante a Delegación Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra a convocatoria urxente da Mesa do Viño da Denominación Rías Baixas para abordar a necesidade de apoiar un plan de descualificación do exeso de uva detectado nesta excepcional vendima. Dada a imposibilidade de amparar e/ou colleitar dita uva nas adegas inscritas na D.O. é polo que urxe artellar un plano que apoie económica e institucionalmente por parte da Administración da Xunta de Galicia para dar saída a ese excedente importante de uva que corre perigo de estragarse ou de aumentar as dificultades de procesamento e posterior comercialización por parte das adegas de Rías Baixas.

En anteriores campañas con importantes aumentos xa teñen levado a cabo alternativas como a modificación legal do rendemento máximo en mosto e que permitiu sacar viño non amparado en DO. Os presentes aumentos na DO Rías Baixas que se deberon a por unha banda os importantes incrementos de superficie vitícola dos últimos anos como variacións debidas a excepcionais variacións climatolóxicas da lugar a situación creada na presente vendima, que nen sequera se da paliado co aumento a 13.900 quilos por hectárea que aprobou o Consello Regulador nen seguera o máximo que se podería ter aprobado de 15.000 quilos por hectárea. Redundando na excepcionalidade da situación é polo que se necesita definir un stock de uva que teña por destino a vinificación fora da Denominación de Orixe, a imaxe do stock cualitativo que hai anos desenvolve a Denominación de Orixe da Rioja. Con estas alternativas e pode dar saída a unha situación conflitiva e que pode danar a imaxe da Denominación así como dificultar a negociación para un novo contrato homologado da compravenda de uva nas futuras campañas.

Albariño pronto para vendimar
Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario