Curso de Cata de Viños en Tomiño e falando do Quín de Goián.

 

Ímonos ao Baixo Miño, en concreto a Tomiño, un espazo de encanto e que crea vida, tamén de boas viñas e non menos afamados viños. O curso vai ser impartido por José Luís Fernandez, enotécnico e elaborador do Ribeiro que asesora varias adegas do país. Temos que agradecer ao Concello de Tomiño, e a súa Alcaldesa Sandra González pola colaboración prestada así como a Asociación ecolóxica e cultural Trankllada. Queremos  tamén comentar e destacar o grande traballo de xigante feito por un tomiñés chamado Joáquín Álvarez Martínez, ou Quín de Goián, que coa participación ou asesoramento en diversos empredimentos vitícolas e viveirísticos como pode ser Terras Gauda, Torroxal, Viñedos de Goián, Pazo Valdomiño, Viveiros Rio Tollo, Froitas do Rosal, etc.

Caste Tinta Castañal. Fonte AGV.

O Quín sempre falou en prol de aumentar os rendementos da actividade agraria e utilizar ao máximo a superficie agraria e forestal, lóixicamente coa axuda de concentracións parcelarias, cooperativas, xestión forestal e por enriba de todo atender a comercialización e publicitación de productos con valor engadido como pode ser o viño, augardentes, licores, conservas de grelos, mirabeis en almibar, planta ornamental, etc. Lembrar tamén o seu papel na recuperación de castes autóctonas como a tinta Castañal, que recentemente foi engadida á lista oficial de variedades galegas prefentes e que permitiu dar unha maior diferenciación aos tintos do Baixo Miño e as técnicas innovadoras de aproveitamentos de montes para viña na que se trata de mover o mínimo posible a terra e así manter o que Quín define como “a codificación natural do solo” e que leva moito tempo a conseguir para estragala por malas prácticas. En próximas datas publicaremos máis sobre este persoeiro.

Quin nos seus viñedos e nun curso de poda da AGV en Goián. Fonte AGV.
Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario