Curso de Cata de Viños Galego no Barco de Valdeorras

Despois de Melide e Tomiño temos un novo Curso desta nova xeira de Outono que dará continuidade en Bueu, Arbo, Lalín, Verín e a Pobra do Caramiñal. Nesta Ocasíón temos a Alexandre López Castro como mestre, xa estivo con nos en Vigo, Vilaza (Monterrei) e A Rúa, el é titulado como “Licenciado en Enológia pola Universidade de Tras os Montes e Alto Douro” de Vila Real en Portugal, ten traballado para adegas de Valdeorras e Cataluña e tamén nas Rutas do Viño de Valdeorras e Monterrei.

Curso de A Rúa en abril de 2011

Nesta ocasión temos o apoio do Concello do Barco de Valdeorras na persoa de Mónica Redondo, Técnica de Emprego do mesmo Concello, e xa hai anotadas 30 persoas no presente curso.

 

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario